MONUMENTOS DE BEARIZ DE MONTES
Xesús Antonio Gulías Lamas
IGREXA
PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE BEARIZ DE MONTES
(ano 1625)
No
ano 1607 escribía, sobre a parroquia de Santa María de Beariz de Montes, Don Xerónimo del Hoyo, cóengo e cardeal da
Santa Igrexa de Santiago e visitador do Arcebispo Don Maximiliano de Austria, o
seguinte: “Tiene esta feligresía ciento quince feligreses. Los fructos todos
los lleva el monasterio de Santa María de Aceveiro, cuyo anexo es, y el rector
catorce fanegas y medio de centeno y siete de mijo y la mitad de las primicias
que es medio ferrado de cada casa y el diesmo del lugar de Magros que era diez
y ocho o veinte fanegas de pan y lo tiene arrendado todo en cincuenta ducados y
lo que lleva el dicho monasterio valdrá ducientos ducados. Presentación del
mesmo monasterio. La fábrica tiene de renta honce fanegas de pan. Hay dos
hermitas, una de San Pedro y otra de San
Bartolomé. Hai una capilla en el cuerpo de la iglesia al lado del Evangelio,
que fundó Fernando d’Ogando, escribano de aquí, con dos misas cada semana”.(1)
Pero
o que si sabemos con exactitude, é que o día 7 de setembro do ano 1625, o mestre carpinteiro, Domingo de
Castro, natural de San Martiño de Cameixa, xurisdición de Castro Cavadoso,
recibiu do mordomo e fabriqueiro da igrexa de Beariz, Gregorio Vázquez,
“…cincuenta y cuatro ducados que el sobredicho pagó para en parte de pago de
las obras y altar de la dicha iglesia de Veariz, en que está atendiendo…los
cuales dichos cincuenta y cuatro ducados son en dinero, además de la dicha baxa
que queda de fuera, que el sobredicho para la obra de la iglesia dicha que le
tengo que pagar”. (2)
Así
as cousas, podemos encadrar o comezo das obras do presbiterio e da nave, entre
os anos finais do século XVI ou principios do XVII e o seu remate, arredor do
ano 1625, que é cando se fai o pago arriba sinalado. Por esas datas foron
Arcebispos da Arquidiocese de Santiago, Don Juan de San Clemente y Torquemada
(1587-1602) , D. Maximiliano de Austria (1603-1614), D. Xoán Beltrán Guevara y
Figueroa (1615-1622), D. Luis Fernández de Córdoba Portocarrero (1622-1624).
Tamén por eses anos podemos datar como Xuíces Meiriños da Xurisdición de Montes, a D.
Isidro Gonzalo de Ayora y Torquemada (1591-1594; a D. Gonzalo Varela (1594); a
D. Pedro de las Landeras (1595); a D. Juan de Morgade (1603); a D. Pedro de las
Landeras (de novo en 1605); a D. Xerónimo
de la Rúa y
Tamayo (1610-1614); a D. Melchor de Figueroa y Cienfuegos (1614); nese mesmo
ano a D. Alonso de Villanueva (1614); a D. Felipe de la Torre (1615); a D. Servan Antonio Pacheco (1615); nese mesmo
ano a D. Cristóbal de Soto Cortés y Buncharde (1615); a D. Gregorio de Lanzós y
Andrade (1615-1618); a D. Xoán de Figueroa (1619-1622); a D. Xoán Martínez de
Zarzoça (1622-1623); a D. Alonso Borraxo de Náxera (1623—1624); e finalmente a
D. Xoán de Salcedo (1625).
Á
nave, de xeito postizo, abríronlle nos muros laterais, a cada lado, unha capela
coas advocacións do Rosario e das Ánimas, que se corresponden coas actuais dos
Corazóns de Xesús e de María. As que son contemporáneas á fábrica, son as
capelas de San Antonio e do Santo Cristo, que foron fundadas baixo as
advocacións de Santa Bárbara e San Isidro, respectivamente. Debemos sinalar
tamén, como dato anecdótico, que o eixe da nave está lixeiramente desprazado
cara ó norte, con relación ó eixe do presbiterio, polo que a clave do arco de
triunfo, coincide coa clave da bóveda do presbiterio, pero non co eixe da nave
no seu primeiro tramo, xa que a lanterna está desplazada ó norte.
(Torre de Cerviño. Igrexa de Santa María de Beariz)
O monumento
é de estilo neoclásico galego, salvo a torre que é barroca. No interior, o
presbiterio é de planta cuadrangular con bóveda
semiplana de cruzaría. De cada vértice saen tres nervios que conflúen no
centro da bóveda formando un círculo con oito radios. Catro rematan en
medallóns coa figura de cada un dos evanxelistas e os outros catro rematan en
floróns con atavíos vexetais. No centro
do círculo, como clave da bóveda, vai un medallón máis grande cós descritos no
que se representa a Nosa Señora na súa advocación da Asunción levada por catro
anxiños. Polos muros laterais impóstase un nervio en peito de pomba describindo
un arco de medio punto que apea nas ménsulas que sustentan os nervios
anteriormente referidos. Polo muro sur abre unha fiestra estreita, semellante a
unha seteira e un pouco máis abaixo, unha de maiores dimensións, ambas con
verteluces ó interior. O muro norte abre unha
fiestra con dobre verteluz e unha porta -postiza- rematada en chafrán
que da acceso á sancristía.
O
arco de triunfo é de medio punto lixeiramente peraltado e apuntado. Está
biselado en ambas caras coa cabeza dun anxo en cada un dos arranques do chafrán
e pecha cunha rosácea interna, no centro
da clave. Apea sobre ábacos en baquetón con chafrán ó xeito de cimacio. As pilastras, de sección cadrada, son
entregas cos plintos lisos.
A
nave está dividida en catro vanos, separados por tres arcos faxóns de medio
punto rematados en aresta viva. Os vanos van cubertos con bóveda de cruzaría. De
cada vértice arranca un nervio para confluír todos no centro onde rematan nun
florón de acio con elementos vexetais, salvo o do primeiro pano, que é o máis
próximo ó arco de triunfo, e que remata
nunha imposta circular onde se abre unha lanterna, cegada na actualidade. Os
arcos apean sobre unha imposta en
cimacio que percorre todo o paramento, mentres que a bóveda, faino directamente sobre os muros.
O cuarto pano, que cubre a tribuna, só abre unha pequena bufarda polo lado
meridional. Os dous panos centrais,
abren sendas fiestras rectangulares a cada lado, con verteluces ó interior e o
primeiro, sen luces nos muros, abre a mencionada lanterna no centro da bóveda,
tapiada na actualidade.
Nos
primeiros días do ano 1704, o visitador do Arcebispo, Monseñor Antonio de
Monroy, -Don Pantaleón de la
Pedriza- mandoulle ó reitor e ós veciños de Beariz, que lle
fixeran á igrexa unha sancristía. Frei Manuel Rodríguez, sen ter en conta as
disposicións diocesanas (pois era frade cisterciense e xurdían daquela, moitas
veces, certas tensións entre o arcebispado e o mosteiro de Acibeiro, ó que
pertencía directamente, o priorado de Beariz) e o mordomo Gregorio Cendón da
Bouza, déronlle a obra sen pública poxa a Xosé do Barro, mestre de cantería,
natural de San Martiño de Figueroa, xurisdición de Montes, na cantidade de tres
mil reais de vellón. Cando o mestre xa estaba arrincado a pedra, o veciño de
Beariz, Agostiño Vázquez “…ganó despacho del Provisor pa. que se sacase a
subasta al mejor postor”. (3) Tanto frei Manuel Rodriguez coma Gregorio Cendón
da Bouza foron amoestados polos
comisionados, D. Francisco Correa,
Arcipreste de Montes e Reitor de Presqueiras e o Reitor de Millerada, D. Alonso
Varela Recemil. Deste xeito o 28 de abril de 1704, despois de saír en pública poxa,
comeza as obras, por ser o mellor ofertante, o mestre de cantería Carlos da
Riva, veciño de Xirazga, e nativo de Folgoso. (Este Carlos da Riva, mestre de
cantería, era sobriño do párroco de Xirazga, que tamén se chamaba D. Carlos da
Riva).
A
obra foi axustada en 2560 reais de vellón e as condicións eran as seguintes:
“…ha de hacer dicha sacristía a su costa, arrimada a la capilla maior de la
iglesia, del lado del Evangelio, para ello ha de romper una puerta en la pared
de dicha capilla de cuatro cuartas y medio de ancha y nueve cumplidas de alto…
ha de ser de medio esquilfe ? liso y de
bóveda y ha de tener cuatro varas de ancho y cinco de largo y otras cinco de
alto en hueco, contando desde la superficie de la tierra hasta la última piedra
en que se remate la bóveda…con su cornisa de piedra y toda ella bien labrada,
lisa y muy de conformidad” (4)
O
retablo da capela maior é de estilo barroco. “En Beariz el 3 de octubre de 1732, el prior fray
Atilano Sánchez, cura de la misma, y Pedro de Outeiro, fabriquero, pusieron anuncios
durante tres días festivos en orden a hacer el retablo mayor para Beariz.
Acudió Francisco da Vega, vno. de Ribadavia, maestro de talla y escultura como
principal y Pedro Rascado, Ambrosio Rascado y Anastasio Fernández, como
fiadores, vecinos de Pedre. Dicho maestro dió la planta que fue aceptada y el
menor postor, en 4370 reales de vellón con las condiciones siguientes: “…1ro.
Que el retablo se ha de ajustar por la citada planta, sin faltar nada. La obra
ha de ser toda de castaño del bueno. 2do. En dicho retablo han de quedar cinco
caxas para cinco santos, que son San Benito y San Bernardo en las dos más baxas
y San José y San Roque y en medio de
estos San Miguel y sobre la custodia un Niño Jesús y más arriba de la custodia
otra caxa para la Patrona
y las dichas caxas ha de hacer dicho maestro
a su costa las imágenes de los expresados santos, menos la imagen de la Patrona. Y en el remate
de dicho retablo ha de hacer una tercera que ha de llegar a la primera clave.
Ha de hacer la obra en un año y se le pagará en cuatro plazos…” (5)
A
pintura e dourado de este retablo maior realizárona, Ignacio González, co tamén
mestre de pintura Dionisio de Presegueiro e o seu fillo, no ano 1754. A primeiros de
xaneiro de ese ano o mordomo e fabriqueiro, co consentimento e as licencias
necesarias puxo cédulas na porta de igrexa para que acudiran mestres para
pintar e dourar o retablo da capela maior. “Se hicieron posturas que en tales
obras se requieren en tres días festivos y el último domingo de dicho mes y año
se le remató a Dionisio y a su hijo de Presigueiro y a Ignacio González, vecino
de la feligresía de Santa María de Sobrado, y a aquellos vecinos de Nonas,
jurisdición de Castro Cabadoso en la cantidad de 5180 reales de vellón. Pasaron la escritura ante Lucas Doval, vecino de la
feligresía de Millerada, jurisdición de Montes”. (6)
A
tribuna é de arco semiplano con apeo nos muros da nave. Foi axustada por Frei
Pablo de Piña no ano 1747 en 300 reais de vellón.
No
ano 1724 visitou a igrexa de Beariz o Ilmo. Sr. Don Miguel Herrero Esgueva,
Arcebispo e señor de Santiago, sendo cura deste beneficio o Rvdo. Don Francisco
Cid Fernández e di o Arcebispo que “hay en este templo una capilla de Nuestra
Señora del Rosario, que ésta se halla en el templo parroquial del lado del
Evangelio… no hallando en ella altar, ni santo alguno propio de la capilla ni
hornamentos.” (7) Esta capela foi fundada por Fernando de Ogando coa carga de
dúas misas semanais máis outras tres: unha cantada e dúas rezadas o día de Nosa
Señora do Rosario. Foi coñecida coma a capela dos Gandos ou dos Ogandos. O
patrón na actualidade é o Sagrado Corazón de Xesús.
A
capela de Animas era a que está situada do lado da epístola e foi fundada no
ano 1767 por Agostiño Vázquez con 10 misas anuais. Nese ano, estaba a cargo do
capelán Don Benito Vázquez. O visitador
mándalle ó párroco, Fr. Sebastián Delgado, da orde cisterciense, que lle
presente copia da súa fundación para agregala ó Libro de Fábrica. (8). No ano
1778 era capelán desta capela Don Carlos Rivas, veciño de Xirazga,
posiblemente, neto de Carlos da Riva, o que fora construtor da sancristía de
Beariz. Esta capela era coñecida coma dos Vázquez ou de Animas. Na actualidade a súa patroa é o Sagrado Corazón de María.
O
día 3 de setembro do ano 1742,
“…habiendo precedido las licencias necesarias y juntamente puestas las
cédulas para que acudiesen maestros en tres días festivos a poner en posturas
los dos retablos colaterales de este templo, habiéndose ejecutado todo se
remataron en el último domingo de septiembre a Gabriel Rodríguez, vecino de la
villa de Ribadavia en 40 ducados de vellón cada retablo, dándole la fábrica la
madera a su cuenta, con la condición de que cada lateral ha de tener diez
palmos de ancho y quince de alto. Los dos
santos que han de llevar dichos colaterales se remataron al vecino de Puente
Areas cada uno en 140 reales de vellón. Los santos han de ser: el Sr. San
Isidro y Santa Bárbara. Las partidas que se le han entregado a dichos maestros costaron
según el discurso de estas cuentas. Le entregó el mayordomo Jacobo Vázquez,
vecino de la Bouza ,
en la primera partida al maestro de los retablos 424 reales de vellón y después
le entregó al mismo maestro el citado mayordomo 436 reales y medio”. (9)
O
retablo de San Isidro corresponde na actualidade ó do Santo Cristo e o de San
Bárbara ó que hoxe patrocina San
Antonio. Estes retablos foron pintados por primeira vez no ano 1758, sendo
prior de Beariz Fr. Plácido Careño “…habiendo procedido a las licencias
necesarias se hicieron las posturas en tres días festivos para dorar los
altares colaterales de la iglesia y se remataron a Dionisio y Francisco
Antonio, vecinos de Moldes en 100 ducados y reconociendo su pérdida se les
dieron 114 reales más”. (10)
(Campá grande da igrexa de Beariz)
No
ano 1776 pagóuselle ó campaneiro de Tabeirós 407 reais pola campá situada ó
norte e no ano 1782 fabricouse a que
está situada ó sur. Estas dúas campás teñen sendas fendeduras a causa dun raio
que derrubou o campanario orixinal. No ano 1813, sendo prior de Beariz Fr.
Francisco Biejo, fíxose a campá grande que está colocada cara ó poñente. Fabricouna Taboada e ten unha
lenda en latín e outra en castelá que di : “Soy de Santa María de Beariz”. A
campá axustouse a 10 reais por libra e
pesou 885 libras ,
polo que se lle abonou ó campaneiro 8.850 reais de vellón. Gastáronse ademais
nesta campá 48 reais en salarios para ila buscar e 5 máis en viño. Por 6 días
que se empregaron no porte dende Pontevedra, pagáronse 124 reais. Por ir buscar
o badal e axustalo, 72 reais. Por repasar a campá, 20 reais e en pan e viño, 19
reais. “…se ajustó el subirla con la maza y demás herrajes en 725 reales de vellón”. (11)
Finalmente no ano 1906, sendo párroco de Beariz D. Enrique Cachafeiro,
fabricou Melchor Ocampo, en Arcos da Condesa, a campá medina, colocada na parte
oriental da torre de Beariz.
Na
actualidade, o piso da igrexa de Beariz é de mármore branco. Colocouse no ano
1965, sendo párroco o Rvdo. D. Manuel Guerra Fernández e costeado por un fregués
anónimo.
O
anterior piso (todo de pedra, e que na actualidade está por debaixo do postizo)
fora feito polo mestre de obras Benito Barqueiro, veciño de Beariz. Era prior,
o cisterciense, Fr. Gregorio Oñate. A
obra foille contratada a Barqueiro, no ano 1804 polo mordomo Benito do Porto na
cantidade de 2.520 reais de vellón. No ano 1807 empregáronse ademais para
rematala, 254 reais en xornais e viño para ós carreteiros.
A
Casa da Obra está acaroada ó muro norte da nave, formando coa parede occidental
da sancristía un pequeno recinto que serve como dispensario e almacén da
igrexa. Fíxose no ano 1766, sendo priores de Beariz Fr. Bernardo Rodríguez e
Fr. Froilán Roldán. Era por esa data mordomo da fábrica da igrexa Bartolomeu do
Barro. O Prior Fr. Froilán Roldán “…con consentimiento de los feligreses se
puso a “poxos” en tres días de fiesta, (la casa de la obra) rematándose en la
cantidad de 600 reales de vellón. En cubrirla se gastaron en jornales del
carpintero, clavos y en dos vigas y tijeras 15 reales de vellón. La losa costó
173 reales y el trabajo de dos oficiales durante 7 días y medio a cutro reles cada día importó
60 reales de vellón”. (12)
Entre os anos 1773 e 1779 fíxose
o muro do adro e as cruces do viacrucis das que na actualidade só se conservan
cinco, pola parte norte. Era prior de
Beariz, Fr. Christobal Losada, segundo podemos constatar na inscrición que hai
na parte máis noroccidental deste muro.
As
primeiras cancelas de ferro colocáronse no ano 1816, por indicación do Rv. D.
Caetano de Soto e Varela, Arcipreste de Montes e sendo Arcebispo de Santiago o
Excmo. Sr. D. Rafael Múzquiz y Adunate e prior de Beariz Fr. Próspero Mañueco.
(Base medieval da pía
bautismal)
No
exterior, a fachada occidental é dun só pano, enmarcada por dous falsos
contrafortes. No centro abre unha porta rectangular con orelleiras. Sobre esta,
un frontón triangular impostado e no
medio, unha fornela cunha imaxe moi deteriorada en pedra da Virxe, baixo a
advocación da Asunción, cos brazos estendidos e dúas cabezas de anxos ós pés.
Un par de grandes pendóns monolíticos con arranque de sección cadrada para
converterse en piramidal con bóla e remate cónico, atavían os extremos da
fachada. Sobre esta, emerxe a torre. O
primeiro corpo é de planta cadrada e alzado rectangular cunha columna
salomónica en cada esquina e ampla balconada de balaústres. Abre catro ocos con arcos de medio punto
peraltados que acubillan as campás e remata nunha cornixa de peito de
pomba. O segundo corpo é de sección
octogonal con catro tramos cegos e catro arcos
de medio punto con balaustrada pola metade e unha imposta de peito de
pomba por todo o arredor, ó xeito de cornixa. En cada esquina leva de atavío,
un pendón piramidal con arranque cadrado e rematado en bóla con pico. Sobre este corpo, emerxe o casquete, que está
coroado na actualidade, por un pendón truncado con remate de cruz de pedra.
(Anteriormente tiña cruz de ferro con pararraios). Nas esquinas leva como atavíos, pendóns semellantes ós
anteriormente descritos, só que máis
pequenos. No arco occidental do segundo corpo, e apeado enriba da cornixa, vai
un reloxo que nun tempo funcionou, marcando
as horas a golpe de badaladas, sobre a campá grande. Accédese a ela por unha porta aberta ó norte, mediante escaleiras de caracol.
(Nave da igrexa de
Santa María de Beariz de Montes)
Esta
torre reedificouna o mestre Xosé Cerviño García, coñecido tamén como Pepe da
Pena, no derradeiro cuarto do século XIX. Naceu este formidable e fantástico
mestre de cantería, no lugar da Pena, parroquia de Santa María de Aguasantas
(Cotobade) o 23 de maio de 1843 e morreu no mesmo lugar o día 4 de xaneiro
do ano 1922. Ademais da torre, Cerviño
fixo en Beariz, por esas mesmas datas, o Panteón do deputado D. Domingo Antonio
Merelles. Traballou na reconstrución da escaleira do convento de San Domingos
de Bonaval, que fixera Domingos de Andrade. Fixo o Cruceiro de Hío antes de cumprir
os 30 anos. Traballou na capela do pazo de Lourizán, que foi de Montero Ríos (hoxe desaparecida a
orixinal). Fixo algúns reparos na igrexa de Santa María de Aguasantas. Realizou
fantásticos panteóns, nos cemiterios de Ponteareas, Guillade, Antas, Celeiros,
Pías, Mondariz, Cangas do Morrazo, Lougares, Lois, Taboexa, Tourón, Anceu,
Forzáns, Xunqueiras, Valongo, e Aguasantas. Tallou o cruceiro de San Salvador
de Xirazga no ano 1896, sendo párroco desa fregresía D. Manuel Carballal e
Carballal. Por esas datas, tamén reedificou a torre da súa igrexa parroquial,
que fora derrubada por un raio. Fixo a torre da igrexa de Santiago de Viascón e
os cruceiros de Santiago de Covelo, do Castro de Troña, e un desencravo que hai
nunha casa particular, sobre o lintel do seu portal, no barrio das Cachadas, á
entrada da vila de Ponteareas. (Esta peza é moi semellante ó desencravo do
cruceiro de Hío). Tamén fixo na vila do Tea, no ano 1876 a fonte da Fama e na
vila de O Porriño, a fonte do Cristo, no ano 1907. Cando xa estaba cego,
axudoulle a facer un Crucifixo á súa filla Telesfora Cerviño que podemos ver na
capela de Famelga, parroquia de Santa María de Aguasantas.
A
Cruz procesional é unha fermosa obra de ourivaría, feita en prata polo prateiro
compostelán Xurxo Cedeira “o mozo”, no
ano 1600. Di Pablo Pérez Constanti, no Diccionario de Artistas: “…hizo una cruz
de plata (como a de San Estevo de Pedre) de trece marcos de peso labrada en
romano para Santa María de Beariz que llevaría
el pie de linterna con sus seis pilares y seis apóstoles… y el asta de
arriba de romano con sus serafines y sus cuatro evangelistas”.(14). Deste
prateiro sabemos que era fillo de Xurxo Cedeira “o Vello”, posiblemente oriúndo
de Portugal, pero afincado en Santiago. O noso prateiro, do mesmo nome co pai,
atopámolo facendo a súa primeira obra no ano 1590. Na Terra de Montes, ademais
das cruces procesionais de Beariz e Pedre, fixo tamén a de San Pedro de Parada,
e na veciña Tabeirós, a de San Martiño de Riobó. Casou con Elena Correa e
deducimos que morreu antes do 3 de decembro de 1620, porque nesta data,
“comprométese o seu fillo, Bartolomeu Cedeira, a rematar un cáliz e unha custodia para Santa María de
Entines, en Serra de Outes, que segundo unha escritura firmada polo su pai, debía ser entregada a
esa parroquia, e non a puido acabar, porque falecera”.
As
marcas que eu atopei nos muros desta igrexa son dúas cruces: unha está na
fachada occidental á man dereita e a outra na tribuna. Posiblemente sexan da antiga
fábrica, pois non ten ningún senso que estas marcas estean onde están, dado que
na época en que se edificou a igrexa, xa desaparecera por completo este uso,
entre os canteiros.
(1) Gerónimo del Hoyo, Memorias del Arzobispado
de Santiago. fols. 463vº-464. paxs. 496-497.
(2) Prto. Alonso de Ogando, Nº 1711-1712. Ar.
H. de Po.
(3) Protocolo
Manuel da Riva, fol. 32. Nº 1767. Ar. H. de Po.
(4) Prot. Manuel Da Silva. Fol. 32. Nº 1767. A .H. de Po.
(5) Prot. Gonzalo de Arén y Losada. Fol. 102
Nº 1804. Ar. H. de Po.
(6) Libro de Fábrica 1720-1831. fol. 53.
Parroquia de Santa María de Beariz
(7) Libro de Fábrica 1720-1831. fol. 9 V.
(8) Libro de Fábrica 1720-1831. fol 21. V.
(9) Libro de Fábrica 1720-1831. 3.6.15. fol. 53.
(10) Libro de Fábrica 1720-1831. 3.6.15. fol . 85.
(11) Libro de Fábrica 1720-1831. fol. 172 V.
(12) Libro de Fábrica 1720-1831. fol. 83 V.
(13) Libro de Fábrica 1720-1831. fol. 131 V.
(14) Diccionario de Artistas. Pérez
Constanti, Pablo. pax. 112.
PONTE BAISTE
(S. XIV-XV)
Esta ponte medieval tardía, ten dúas características propias dos
monumentos de Montes de esta época: estilo exclusivamente popular e fábrica
totalmente de lousa. Se o comparamos coa torre da Alarma de Barciela, veremos
moitas semellanzas, por iso penso que a podemos encadrar dentro das mesmas
datas.
Componse de tres ollos, por onde descorren as augas do río Avia, que fai
de liña divisoria entre a Terra de Montes e Avión. Os dous ollos principais
están formados por dous tramos rectos de muro, separados entre si por unha pilastra con corta augas en
ángulo entrego, que emerxe dende o centro do río para formar dous falsos arcos,
ó xeito de pirámides truncadas fabricadas con grandes chantóns, que sustentan
toda a súa estrutura. O ollo meridional, moito máis pequeno, pero de semellante
directriz, serve de alivio no tempo das cheas. Contando tamén o ollo de desaugadoiro,
mide dezaoito metros de longo, cinco de ancho e catro de altura, dende o
arranque da cepa principal. Comunica ós lugares de Garfián e Baiste.
Na
actualidade non ten varandas, pero posiblemente os tivera en orixe, xa que leva
unha especie de encadre nas beiras. Ata o ano 1923 foi a única ponte que
comunicaba a Terra de Montes con Avión e o Ribeiro.
PONTE LIÑARES
Trátase dunha ponte sobre o río Avia, realizada en granito concertado,
orixinariamente dun só arco rebaixado e rematado en aresta viva. Pertence á
estrada OR 213 que une a Ermida con San Cristovo. Foi inaugurada no ano 1923 e
realizada case toda por canteiros de Beariz e Magros. (1)
Actualmente está reformada. Para reforzar a súa consistencia
engadíronlle un falso arco de concreto que arranca do leito do río e tapa pola parte occidental, o arco de
orixe. Ó mesmo tempo aumentóuselle por ese lado, unha especie de beiril para
ancheala. Une as localidades de Beariz e Liñares.
(1) Gulías Lamas, X. Revista “O Quince” 2004.
paxs. 4-17.
CAPELA DE SAN PEDRO
A
capela de San Pedro está chantada no medio dunha carballeira centenaria que hai
sobre un pequeno outeiro no lugar de Muradás. Dende esta atalaia pódese divisar
todo o val de Beariz, o coto de Marcofán, Pena Corneira e a impoñente serra do Suído.
Aquí, cando se fixo a derradeira reforma, atopáronse vestixios prerrománicos e
cristiáns, polo que podemos deducir que houbo un castro celta e posteriormente,
nas primeiras repoboacións dos chamados “cristiáns vellos”, un cemiterio e un centro de culto.
O
actual santuario forma parte do trío das
pequenas capelas que pertencen á parroquia de Santa María de Beariz de Montes:
San Pedro, en Muradás; San Xoán, en Magros e San Bartolomeu, na Bouza. Tanto a
de San Pedro como a de San Bartolomeu xa
nos dá conta delas, o Cardeal Del Hoyo, no seu manuscrito: “Memorias del Arcebispado
de Santiago” do ano 1607, cando di: “…Hai dos hermitas, una de San Pedro y otra
de San Bartolomé”. (1)
Cruceiro da capela de San Pedro
Cruceiro da capela de San Pedro
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image004.jpg)
A documentación escrita que se conserva, está nos libros de fábrica da
Igrexa parroquial de Santa María de Beariz, posteriores ó incendio de 1748. No
ano 1775 esta capela estaba arruinada e fíxoselle a porta. Custou a obra 176
reais de vellón (2) e no ano 1778 hai
unha partida de cartos para retellala. Na visita que fai este mesmo ano o Ilmo. Sr. Juan Vara Fondevila, do Consello da súa
Maxestade, bispo de Tanes e visitador Xeral do Arcebispo de Santiago, o Ilmo.
Sr. D. Francisco Alexandro Bocanegra y Ginaga, di que “esta ermita se halla en
el término de esta parroquia y es de los
vecinos, sin patronato ni renta alguna… y solo se celebra en ella misa el día
del santo”. Manda que se retelle
completamente e se calee por fora e por dentro (3). No ano 1875 foi visitada
polo Ilmo. Sr. D. Sebastián Malvar y Pando, Arcebispo y señor de la Santa , Apostólica y
Metropolitana Iglesia de Santiago de Compostela e dise que “hay una ermita de
San Pedro en los términos de esta parroquia … y en ella está fundada una
capellanía que hoy posee Don Francisco Rodríguez con la pensión de 54 misas
rezadas. (4) No ano 1816 visita a capela o Dr. D. Cayetano de Soto y Varela,
arcipreste e visitador do arciprestado de Montes, sendo arcebispo de Compostela
o Excmo. Sr. Don Rafael de Múzquiz y Aldunate. O visitador manda que “de no
componerse la ermita de San Pedro en el término de seis meses, sea el párroco
multado con dos ducados y aplicados para adecentar la imagen del santo”. E propón, que leven a imaxe en procesión á
igrexa e desfagan a capela e no seu lugar poñan un cruceiro. (5). Pásalle tamén oficio ó seu capelán D. Ramón
Francisco da Lama.(6)
No ano 1823 a capela estaba
composta, pois só se fala de dous
pequenos arranxos: custou a pechadura 5 reais e 19 máis que pagou o mordomo
por un retellado. (7)
Trátase, dunha pequena capela de planta rectangular, co teito a dúas
augas, ó máis puro estilo popular, que foi reformada amplamente, ó traveso dos
anos. Os muros, fabricados en lousa, están
completamente aplanados e van encadrados entre perpiaños de granito e
apeados sobre un ribanco de sillería
concertada.
A
fachada occidental abre unha porta rectangular con lintel liso e xambas de perpiaños
rectos sobre os que vai un arco de medio punto rebaixado e rematado en aresta
viva, apeado directamente sobre unha lumieira encadrada no muro, ó xeito de
luneto. Leva encima, unha repisa postiza que sustenta a un San Pedro de pedra,
(o orixinal) policromado de xeito rudo, non hai moitos anos, para rematar nunha
pequena espadana con arco de medio punto apeado nun par de pedereitos e estes
fano sobre unha cornixa modulada. No centro do arco vai unha pequena campá e
sobre os esquinais de ambos lados, leva como atavíos, un pendón piramidal. A
cornixa, de peito de Pomba, sustenta por ambos lados unha fileira de lousas,
moi propia da construción desta terra. A actual cubrición é de tella plana e
tanto polo lado norte coma polo meridional, abre sendas seteiras rectangulares
con verteluces ó exterior.
No
interior os muros están completamente aplanados. Leva o teito de madeira e o
piso de plaqueta moderna. O retablo de estilo barroco popular, presenta dous
corpos separados horizontalmente por
unha imposta modulada, apeada en columnas de sección rectangular, ataviadas con
talos e diversos ornamentos vexetais. O corpo superior leva no ápice o ollo de
Deus, inscrito nun triángulo, e este, sobre un círculo con irradiacións. Toda a
decoración é de elementos vexetais, propios do barroco popular. O corpo
inferior, abre no centro un arco de medio punto cunha caixa, ou fornela, que
acubilla a imaxe do seu patrón, San Pedro, recentemente restaurado; ó lado
norte, San Antonio e ó sur, o Sagrado Corazón e sobre mesas postizas, a ambos
lados, unha imaxe do Perpetuo Socorro e outra de San Bernardo, -esta de talla
popular, á que considero de gran valor etnográfico- que antigamente flanqueaba
ó patrón con outra imaxe similar de San Bieito, roubada a comezos dos anos
oitenta e actualmente, en paradoiro descoñecido.
(1)
Memorias del Arzobispado de Santiago. Gerónimo del
Hoyo. 1607. Transcripción feita por D. A. Rodríguez González, pax. 497.
(2)
Arquivo Histórico Diocesano de Ourense. Parroquia de
Santa María de Beariz. Libro de Fábrica de 1720-1831 fol. 109 V.
(3)
O.C. fol. 119.
(4)
O.C. fol. 181 V.
(5)
O.C. fol. 138
V.
(6)
O.C. fol. 178.
(7)
O.C. fol. 190 V.
MONUMENTO Ó EMIGRANTE
(século XX)
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image006.jpg)
Está
situado na carballeira de San Pedro. A obra foi realizada nunha soa peza en
pedra silvestre. Deseñouna e tallouna o escultor ourensán Xosé Cid. Representa,
nun estilo modernista, de siluetas e liñas corveadas e moi pouco profundas, un
home e unha muller cun neno no colo en
ademán de marcha. Apea sobre unha base monolítica cúbica
rematada en aresta viva, a corte de canteira, en granito gris de gran
cristalino tipo Grisal. A obra ten un peso aproximado de tonelada e media e
tivo un custe de cinco millóns de pesetas. Os gastos correron a cargo do
concello de Beariz e foi promovida pola Asociación de Amigos da Terra de
Montes, como homenaxe ós Emigrantes desta bisbarra.
CAROZO DE MAZÁN
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image002.jpg)
Este
monumento foi realizado por Ester Veiga no ano 2001 con motivo dunha xuntanza
que houbo en Beariz de varios escultores, onde realizaron as súas obras ó aire
libre, na chamada “Ruta dos Canteiros”, promovida pola Fundación Terras de
Beariz. Trátase dunha obra que representa o carozo dunha mazan, para ser
colocada no medio dun estanque da que sae polo ápice unha fonte que
esparexe a auga mansamente por todo seu redor, coma si se tratara dun
paraugas. Está realizada en granito albeiro do Monte Aloia. O bloque, cando
saíu da canteira pesaba cinco toneladas.
FONTE DAS CUNCHAS
(ano 2001)
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image004.jpg)
(Fonte
das Cunchas. Ano 2001)
Trátase dunha fonte composta por un frontal de cento vinte por sesenta e
rematado en aresta viva do que penden dúas cunchas de vieira. A inferior máis
grande ca superior para que a auga que cae nesta por medio dunha canle sexa
vertida, integramente na que está debaixo, e ó rebordar esta, se perda baixo a
terra. Foi realizada no ano 2001, polo
escultor Moisés Carbia, natural de Santa María de Baños de Cuntis, con motivo
da xuntanza que tivo lugar en Beariz, na chamada “Ruta dos Canteiros”,
patrocinada pola Fundación Terras de Beariz. Está fabricada en granito albeiro
procedente do Monte Aloia.
IMAXE DE
NOSA SEÑORA DE BEARIZ
(ano 2002)
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image006.jpg)
É
unha copia en pedra, pero de maior tamaño, da imaxe de Nosa Señora de Beariz de
Montes, realizada en granito silvestre polo escultor Moisés Carbia. O monumento
está colocada no parque público da
Barbeira e foi patrocinado por un matrimonio, veciño de Beariz.
A ESPERANZA DO
REGRESO DO EMIGRANTE
(ano 2001)
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image008.jpg)
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image010.jpg)
(Esperanza do regreso do emigrante. Ano 2001)
Este monumento realizado en granito silvestre de gran fino procedente
das canteiras de Vilachán, Tomiño, foi tallado en oito días, durante a
concentración de canteiros que tivo lugar en Beariz no ano 2001, patrocinado
pola Fundación Terras de Beariz. Foi deseñado por Maxín Picallo Jr. e esculpido
por Maxín Picallo, pai e Maxín Picallo Jr. Representa a unha muller coa mirada
perdida na distancia, as mans xuntas coma se tivera nelas unha bandexa e as
pernas enterradas no mesmo pedernal por onde emerxe. Representa a esperanza da
muller do emigrante, que agarda cos pés enterrados na terra a que este retorne.
O monumento é a tamaño natural e pesa tonelada e media.
NAI E FILLA
(ano
2001)
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image012.jpg)
(Nai
e filla. Ano 2001)
Representa a unha nai galega con tódolos seus atavíos e a unha nena
abrazando a esta pola cintura. Foi tallada e deseñada polo escultor lalinense
Xosé Luís Ferreiro Diéguez, máis coñecido coma O Vilas, con motivo da xuntanza
de canteiros que tivo lugar en Beariz no ano 2001, e patrocinada pola Fundación
Terras de Beariz. A pedra procede das canteiras de Vilachán, en Tomiño e o
monumento mide algo máis dun metro de
alto. Denota unha enorme sensibilidade por parte do autor que quixo expresar a
soidade da muller e da filla do emigrante, que se teñen que apoiar unha á outra
e permanecer moi unidas. Quere ser unha homenaxe a estas dúas mulleres tantas
veces esquecidas: a muller e a filla do emigrante.
ESCUDO DE BEARIZ
(ano 2001)
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image014.jpg)
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image016.jpg)
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image018.jpg)
(Escudo
de Beariz. Ano 2001)
Nun
casqueiro de cinco toneladas, dous metros
e medio de alto e un vinte de ancho
por sesenta de grosor, tallou o escultor Antón Xil, natural de Santa
María de Bermés o escudo de Beariz sobre un pergamiño antigo cunha borla a cada lado, como atavíos.
Debaixo do escudo, quixo facerlle unha homenaxe ó Beariz emigrante e para iso,
debuxou os mapas de Beariz e América sobre dúas rodas dentadas simbolizando a
unión destas dúas terras. A obra foi realizada en oito días con motivo da
xuntanza dos canteiros en Beariz, no ano 2001, e patrocinado pola Fundación
Terras de Beariz. O granito procede das canteiras de Vilachán, en Tomiño.
IGREXA
PARROQUIAL DE SAN SALVADOR DE XIRAZGA
O
Cardeal del Hoyo, no ano 1607, cando se refire á parroquia de San Salvador de
Xirazga, di o seguinte: “Hay en esta feligresía cuarenta feligreses. Los
fructos todos lleva el rector, que valdrán treinta cargas de pan. Presentación
de legos y un tercio del monasterio de Aceveiro. La fábrica tiene de renta dies
y seis ferrados de pan. Hay una hermita de Santo Domingo en el monte”.
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image020.jpg)
(Val de Xirazga)
O
libro de fábrica máis antigo da parroquia de San Salvador de Xirazga data de
1746 e remata no ano 1816. (1) Era cura
desta freguesía, nese intre, D. Carlos da Riva que morreu no ano 1759, data na
que podemos ler: “Por la muerte de D. Carlos de Rivas, cura desta feligresía,
quedaron por tomar y pasar a este libro de fábrica Barias quentas noticiosas de
su Ilma. el señor Arzobispo de Santiago ante el D. Juan Varela Fondevila y
Berea, provisor, gobernador y bicario
del dicho Arzobispado. Fr. Plácido Carrera- Cura de Beariz.” (2). Á
morte de D. Carlos, quedou como encargado desta parroquia o P. Prior de Beariz,
que pertencía á orde do Cister e procedía do mosteiro de Santa María de
Acibeiro.
O
actual presbiterio e a bóveda da igrexa de San Salvador de Xirazga débeselle a
Antón da Casa, mestre canteiro, natural de Pardesoa, pois consta que o día 12
de xullo do ano 1733, dálles recibos e cartas de pago a Amaro González, a Antón
da Riva, ó reitor e demais veciños “…de trescientos reales de vellón, cada uno
de treinta y cuatro maravedies que les debían….procedidos de la obra y techo
que izo en el coro y capilla mayor de la parroquial iglesia referida de San
Salvador de Xirazga en la que abía sido concertada dicha obra por dichos
feligreses. (3)
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image022.jpg)
(Igrexa de
San Salvador de Xirazga)
O
ano 1748 visita esta igrexa D. Lorenzo Antonio Filgueira y Saavedra, colexial
maior e catedrático da Universidade de Santiago, fiscal eclesiástico e
visitador xeral do Arcebispo D. Bartolomé Raxoi e Losada. Pediulle ó cura, D.
Manuel Cortizo que solucionase o problema que ten os herdeiros de D. Carlos de
Rivas, e polo demais di que recoñeceu a igrexa e o altar e estes están
decentes, pero o coro ameazaba ruína, e non tiña sancristía. (4).
A
capela de ánimas data de 1751 e foi fundada por D. Cristóbal de Viñas, “y está
al lado de la epístola”(5).
A
capela do Carme foi fundada, aínda que na actualidade perdeuse o libro da súa
fundación, no ano 1704 e fundárona
“Francisco (ilexible) y Bartholomé Díaz
con pensión de dieziseis misas. Es capellán D. Gregorio Arén y Losada. (6).
A
capela do Rosario “fue fundada por Pedro Diz. Fue su último capellán D.
Gregorio Parado”. (7).
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image024.jpg)
(Nave da
igrexa de San Salvador de Xirazga)
Na
visita do ano 1778, mando o visitador e provisor que no prazo de seis meses
“concurran obreros para que acomodándole sitio para la sacristía y en la parte
del atrio que es de la Iglesia
dejándolo más capaz y el muro más alto al camino, con sus puertas, siendo de
los vecinos los carretos y allanar y fundar las sepulturas”. (8)
Esta
igrexa está lixeiramente orienta de norte a sur. Ten planta de cruz latina cun
pequeno saínte a cada lado, ó xeito de capelas, que son as alas do presbiterio.
A sancristía vai acaroada ó testeiro da ábsida. Polo setentrión presenta un
arco de medio punto rematado en aresta viva e apeado sobre ábacos modulados que
forman parte do muro. No interior do arco, ábrese unha porta rectangular cunha
pequena tala na clave do lintel, formado
por doelas en liña, que representa unha flor de lis e dous talos cruzados e decorados
con follas; as xambas lisas. Sobre o pórtico abre unha fiestra rectangular
enmarcada e sobre esta, unha pequena fornela, rematada en cuncha de vieira onde
se acubilla o Divino Salvador.
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image002.jpg)
(Cruceiro de
Xirazga de Xosé Cerviño e Torre da igrexa)
A
torre-campanario é de dous corpos. O primeiro, de sección cuadrangular con
cornixa modulada, sen balaustrada polo exterior, abre catro arcos de medio
punto peraltados en cada unha das caras, onde se acubillan as campás. O segundo
corpo, tamén de sección cadrada apea sobre cornixa modulada e abre outros catro
arcos máis pequenos de semellante directriz. Remata nun casquete con cruz de
pedra no ápice, e pararraios moderno, á beira. A fachada, de perpiaños
perfectamente concertados, presenta a cada lado, á altura do arranque da torre,
un medallón, debaixo dunha cornixa modulada,
que fai de tornachoivas polos
aleiros. Debemos subliñar aquí que a
primeira torre foi derrubada por un raio no derradeiro cuarto do século
XIX e levantouna o escultor e arquitecto
Xosé Cerviño García, autor tamén do cruceiro que hai á entrada do camposanto.
Esta torre, foi de novo derrubada por outro raio e ergueuse novamente na década dos oitenta do século
pasado, que é a que luce na actualidade. Fíxose, seguindo as directrices da
torre de Cerviño e aproveitando a maioría da súa pedra. Hai no muro, lembrando
este feito, un letreiro que di: “Esta torre fue destruída por un rayo el 13 de
febrero de 1979 y reconstruída por los vecinos de la parroquia el 26 de
septiembre de 1982” .
Tanto
os muros da nave coma da ábsida e os da
sancristía están fabricados en cachotería de lousa, salvo os esquinais, que son
de granito, o mesmo co arranque dos muros, que van apeados sobre dúas fileiras
de perpiaños perfectamente aliñados.
A
nave polo lado occidental abre dúas fiestras con dobre verteluz, e outra no
testeiro do brazo do presbiterio. A sancristía, do mesmo ancho que a nave, vai acaroada
ó testeiro da ábsida e está completamente cegada. O muro oriental, en todo semellante ó descrito, salvo que por este
lado abre ademais unha porta travesa con lintel recto e xambas de perpiaños.
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image004.jpg)
(Cruceiro de
Xosé Cerviño en Xirazga e Torre da igrexa)
É no
interior ode mellor se aprecia a planta
de cruz latina que ten esta igrexa. A nave divídese en tres panos separados por
un par de arcos de medio punto rematados en aresta viva; van apeados sobre ábacos
de planos superpostos e rematados en medallóns colgantes. Os ábacos proxéctanse
por todo o paramento e so se rompen nas bóvedas do cruceiro e nas fiestras,
estas con verteluces moi pronunciados ó interior. Cúbrese con bóveda de canón
fabricada en perpiaños perfectamente concertados e o paramento de cachotería,
salvo os esquinais que son de granito a corte. O tramo do cruceiro cúbrese con
bóveda de aresta pouco pronunciada e igualmente a ábsida, á que se accede por
medio dun arco de triunfo que segue a mesma altura e directriz cos arcos faxóns
da nave. Paralelo ó arco de triunfo hai outro semellante que vai acaroado ó
testeiro do coro co que se forma a fábrica. Tanto este arco como o de triunfo
apean sobre pilastras con ábacos similares ós descritos e ataviados na parte
inferior con medallóns. Cúbrese con bóveda de aresta pouco pronunciada. Abre a
cada lado sendas fiestras rectangulares con verteluces ó interior. O paramento
tamén de cachotería.
As
capelas son de bóveda de canón sen arco de triunfo e apean directamente sobre
os riles do paramento. Abren no testeiro cada unha delas unha fiestra
rectangular con verteluces ó interior. O piso, de granito. A tribuna de pedra,
completamente plana e apeada en dous contrafortes que se proxectan en diagonal
dende os muros. Accédese a ela por medio dunha escaleira de caracol e recibe a
luz a traveso dunha fiestra de arco de medio punto abucinada ó interior.
O
retablo é de pedra e componse de tres rúas. Cada unha das laterais leva no
medio unha fornela con arco de medio punto rematado en aresta viva e na parte
inferior ábrese unha porta rectangular a cada lado, coas xambas lisas que dan
acceso á sancristía. Na fornela oriental está a Virxe do Rosario e na
occidental, san Roque. A rúa central está formada por un arco de medio punto
rematado en aresta viva e vai ataviada na parte alta por unha cornixa modulada
de planos superpostos que se imposta ata os ábacos dos arcos do coro. Toda esta
estrutura apea sobre dous pares de columnas monolíticas de sección cilíndrica;
os capiteis ataviados con círculos con botón central e talos rematados en
espiral; as bases de perfil ático cos plintos lisos. A parte superior é
completamente lisa e está decorada cun mural. No centro leva a pomba que representa
ó Espírito Santo e a cada lado un anxo en ademán de adoración.
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image006.jpg)
(Pía bautismal de época
medieval de San Salvador de Xirazga)
A sancristía
forma un corpo co resto da edificación. Cúbrese con bóveda de aresta e abre a
cada lado unha fiestra rectangular con verteluces ó interior; o testeiro
completamente cegado. Todo o paramento, igual co resto da edificación é de
cachotería de lousa, perfectamente cortada.
(1)
Libro de Fábrica. Parroquia de San Salvador de
Xirazga 1746-1816.
(2)
Libro de Fábrica, p. de Xirazga. 1746.
(3)
Prot. Luis Fernández de Rivas, fol. 21 Nº 1784. A . H. de Po.
(4)
Libro de Fábrica, fol. 70.
(5)
Libro de Fábrica, fol. 70.
(6)
Libro de Fábrica, fol 70v.
(7)
Libro de Fábrica. fol 71.
(8)
Libro de Fábrica, fol 89 vº.
CAPELA DE NOSA
SEÑORA DO CARME DE DOADE
Na visita que fixo á parroquia de S.
Salvador de Xirazga, o día primeiro de agosto do ano 1778 o Ilmo. señor. D.
Xoán Vara Fondevila, visitador do
Arcebispo D. Francisco Alexandre Bocanera y Guinaga, di o seguinte, ó referirse á capela de Nosa
Señora do Carme de Doade: “Esta se halla en el sitio de la feria que llaman
Doade, fe. de la
Parroquia. Es de los vecinos sin renta ni patronato alguno;
solo se celebra en ella Cofa. el día de la adicación. La asiste el diestro y
suministra de lo necesario. Solo necesita dorar el cáliz y patena y aderezar el
techo, asegurar el balaustrado, poniendo la puerta segura con su cerradura.
Blanquearla por adentro y calear por fuera todo lo que dispondrá el cura se
egecute a costa de los efectos de la Cofradía y limosnas y lo que queda a ella queda
dispuesto en el comportamiento de Cuentas de este auto”. (1).
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image008.jpg)
(Capela de Nosa Señora do
Carme de Doade)
Na visita que fai no ano 1785 o visitador D. Sebastián Malvar y Pinto,
tamén á parroquia de Xirazga, sendo cura desta D. Antonio Sieyro, di ó referirse
á capela do Carme: “…se halla decente y
se han hecho los arreglos mandados en la anterior visita y S. I. manda al cura
cuide de lo que le entre siempre”. (2).
Non
atopamos nos libros a data da súa construción pero polas referencias que temos
nos libros parroquiais podemos encadrala a mediados do século XVII e non antes
porque a comezos de ese século o Cardeal del Hoyo, cando visita a parroquia de
Xirazga, non fai mención desta capela, e si da de Santo Domingo, que di, referíndose a ela: “hai una hermita de Santo Domingo en un
monte”.(3).
Está situada, esta capela, na carballeira centenaria de Doade, á beira da estrada que comunica
Beariz con Ponte Caldelas. Trátase dunha pequena igrexa cunha soa nave de
planta rectangular e presbiterio cadrado, lixeiramente máis ancho ca nave, á
que se une directamente. A fachada occidental apea sobre un pequeno ribanco.
Está fabricada en granito concertado e os esquinais que sobresaen tres
centímetros, enmarcan todo o paramento. Abre, na fachada occidental, unha porta
rectangular con lintel de sete pezas colocadas ó xeito de cuñas. Polos laterais
leva unha cornixa en cimacio de cuarto de círculo á cada lado e remata nas
esquinas con pendóns con bólas e planos superpostos. A espadana leva orelleiras
na base e cimacio con remate de bólas na parte superior. Abre no centro, un arco de medio punto moi
peraltado onde acubilla unha campá, e sobre este, como remate, un triángulo con
bóla e cruz de ferro con “irradiacións” no ápice.
A
cornixa da nave, igual ca do presbiterio van en cimacio. O resto do paramento,
tanto da nave coma do presbiterio son de cachotería.
A
nave abre polo muro norte unha fiestra con dobre verteluz e polo lado sur outra
similar con porta travesa simple.
O
presbiterio, como xa se dixo, de planta cuadrangular, abre dúas fiestras abucinadas
a cada lado e unha pequena no testeiro.
Está fabricado con cachotería, salvo os esquinais, que son de granito
concertado.
No
interior, a nave divídese en catro panos separados por tres arcos faxóns
apuntados e rematados en aresta viva. Ambos apean sobre ábacos de chafrán e van
montados sobre pilastras rectas da mesma anchura cos arcos. O arco de triunfo é
da mesma altura e traxectoria cos do resto da nave. Tanto as pilastras como os
ábacos son tamén similares ós descritos, salvo que levan no frontal unha
pequena decoración de tres cadradiños. O presbiterio a cada lado abre unha
fiestra con dobre verteluz. Tanto este como a nave, cúbrense con bóveda
apuntada completamente encalada, igual cos muros. Só están á vista os arcos, os
ábacos, as pilastras e os encadres das fiestras. O piso, de baldosa moderna. O
testeiro está tapado por un pequeno retablo de madeira e a cada lado leva unha
porta que dá acceso á sancristía, esta tamén se cubre con bóveda apuntada e aplanada;
os muros igualmente aplanados.
(1). Libro de Fábrica. Parroquia de S.
Salvador de Xirazga, 1746-1816., fol. 90vº.
(2). L. de Fábrica, fol. 90vº e seguintes.
(3). Gerónimo del Hoyo. Memorias del
Arzobispado de Santiago, pax. 497.
CAPELA DE SANTO DOMINGO
(Xirazga)
(1797-1802-1857)
A
capela de Santo Domingo (como así é coñecida nesta terra), está chantada no
medio da carballeira do mesmo nome, actualmente dividida por unha estrada con
asfalto, que comunica Doade con Presqueiras e a Portela da Cruz, xustamente no
derradeiro ou primeiro monte, segundo se mire, da Serra do Suído, entre o Coto
do Covelo (890 ms.) e o Outeiro Grande (848 ms.) Na parte suroccidental da
carballeira áchase unha enorme mámoa, profanada con anterioridade e tratada de
recuperar e restaurar recentemente.
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image010.jpg)
(Capela de
Santo Domingo. Xirazga)
As
primeiras novas que temos dunha capela neste lugar datan do ano 1607, e
débenselle ó cardeal Gerónimo del Hoyo, onde relata que “…en la parroquia de
San Salvador de Girasga hai una hermita de Santo Domingo en un monte”. (1)
Posiblemente nada queda da construcción da que nos da conta o cardeal
del Hoyo, porque no ano 1797 dan comezo as obras de reedificación da capela
actual, que durarán, as da primeira fase, ata o ano 1802, para rematar
definitivamente no ano 1857.
A
edificación é de estilo barroco popular. Abre na fachada occidental unha porta rectangular coas xambas rectas e
orelleiras. Sobre esta, unha fornela que acubilla unha imaxe de San Domingos,
labrada en pedra. Todo o paramento está enmarcado entre dúas pilastras
rematadas en pendóns con bólas e unha imposta en cimacio como tornachoivas na
parte superior dos muros e no fronte leva dúas ménsulas con tacos.
No
centro érguese a torre de planta cadrada con dous corpos. O primeiro presenta
catro arcos de medio punto moi peraltados, onde no frontal se acubilla unha
pequena campá; os demais baleiros. O segundo corpo, de base octogonal abre
tamén catro arcos de medio punto e remata nun pequeno casquete coroado por un
pendón cunha cruz de ferro no ápice. Únese á fachada por medio dunha cortina que vai colga da parte superior. Toda
esta edificación é de granito concertado de gran moi groso.
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image012.jpg)
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image002.jpg)
Os
muros da nave, fabricados en perpiaños de lousa, primorosamente picada, abre
unha fiestra rectangular a cada lado, enmarcadas en granito. No muro sur hai
unha porta travesa cegada e polo lado norte, que leva acaroada unha construción
moderna, de fábrica escandalosamente fea, serve como casa de obra, venda de
cera e outros pormenores.
A
ábsida rectangular, lixeiramente máis ancha ca nave, únese a esta directamente
e leva no testeiro, de construción máis baixa, a sancristía, que nos lembra a
igrexa de Cerdedo, lugar de procedencia, como veremos máis adiante, de varios
mestres desta obra. Abre a ambos lados, sendas fiestras que iluminan o interior
do presbiterio e presenta un par de grosos contrafortes que arrancan dende o
chan, moi anchos para rematar en diminución. A cornixa é de granito con moldura
en cimacio. A sancristía polo lado sur abre unha porta e no lintel leva unha inscrición:
AÑO D 1821, cos números enmarcados.
No
interior, a capela presenta planta de cruz latina con catro tramos e cos brazos
recortados. Os dous primeiros tramos corresponden á nave, onde no máis
occidental vai a tribuna; no terceiro
vai o cruceiro e no cuarto o presbiterio. Accédese a este por medio dun arco de
triunfo, rematado en aresta viva. Paralelo a este hai outro arco faxón da mesma
directriz, arrimado ó muro do testeiro. Ambos apean sobre pilastras cos ábacos
en cimacio e estas, sobre ribancos, todos
rematados en aresta viva. Ós dous lados do testeiro ábrense sendas
portas que dan acceso á sancristía, e este presenta no resto do paramento, un
retablo de pedra policromado de dous corpos, separados por unha imposta de
tacos e un friso ataviado con elementos vexetais.
Cada corpo componse de tres panos. O pano central do inferior, consta de
dous pares de columnas monolíticas cilíndricas, capiteis xónicos e bases de
perfil ático que sustentan un templete, ó xeito de fornela na que descansa o
Santo Patrón. Os panos laterais levan sendas peañas ataviadas na parte superior
con cunchas. O pano central do corpo superior leva tamén un templete sostido
por un par de columniñas monolíticas cilíndricas con capiteis tamén xónicos que
enmarcan unha fornela. A ambos lados do ápice, dous anxos mutilados.
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image004.jpg)
A
actual obra, salvo pequenos arranxos e algún engadido (por certo desastroso),
deron comezo no ano 1797, como xa se dixo anteriormente, sendo mordomo Xoán
Cendón, veciño de Alén, que adiantou 800 reais de vellón que llos devolveu a
Irmandade no ano 1799. (2)
A
obra que se fixo entre os anos 1797-98
tivo un custe de 5798 reais de vellón. (3). Nos anos 1798-99 pagáronse
438 reais en xornais a canteiros e
carpinteiros e 200 en cal.Nos anos posteriores fanse pequenos arranxos ata o
ano 1822 no que se da comezo á edificación da nave e párase no ano 1827 para
empezar de novo no ano 1844.
A bóveda remátase en 1850. No ano 1851 fabrícanse as
portas e no ano 1854 páganselle ó mestre Ovelleiro 95 reais polos planos da
torre que se fabrica no ano 1856 e páganselle ós canteiros 200 reais e 12 ó
ferreiro polas pechaduras da sancristía
e os ferros para soster ó santo. No ano
1858 repárase o lousado da capela e no ano 1859 fabrícase a campá e píntase a
imaxe de Santo Domingo, polos que se pagan 600 reais. (4)
No
medio século longo que dura a construción desta obra traballaron un total de 129 artesáns. Deles, 111 eran canteiros, 7
ferreiros, 6 mestres de obra e 5 carpinteiros. (5)
Polos libros de fábrica podemos saber os días que traballaron na obra
ata 1827 entre os que podemos destacar a Antonio Cortizo con 12 anos e Xoán Gil
con 11 anos. Nalgúns casos sabemos tamén o lugar de orixe destes mestres como é
o caso de Xosé Nieto, (fillo do mestre cerdedense do mesmo nome, que realizou
parte de igrexa de San Xoán de Cerdedo) que dirixiu esta obra entre os anos
1810-1813, e ó que se lle pagaron 400 reais de vellón polo segundo corpo do retablo.
O mestre Antonio Cerviño, natural da parroquia de Santa María de Augasantas
cobrou no ano 1844, 2700 reais de vellón polos seus traballos. O mestre
Francisco Calviño, no ano 1815 cobrou 820 reais. O mestre Manuel Raxoi que dirixe as obras
entre os anos 1815-17 e 1820- 22. Manuel Portela, dirixiu as obras entre os
anos 1822-26. Finalmente, o mestre Ovelleiro no ano 1855, como xa se dixo
anteriormente, cobrou polos planos da torre 95 reais de vellón. (6)
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image006.jpg)
N.B. A táboa completa de artistas
e artesáns que traballaron na igrexa parroquial de San Salvador de Xirazga e na
capela de San Domingos, ata 1860, están publicados no libro : “Ermita y Romería
de Santo Domingo de Xirazga, una Devoción Mendicante en un Medio Rural entre
Dos Mundos” de D. Enrique Bande e Carlos Tain. Paxs. 126 á 133, editado polo
Concello de Beariz. 1994.
(1)
Gerónimo del Hoyo. Memorias del Arzobispado de
Santiago. pax. 497. (1598-1607)
(2)
A.H. D. de O. Parroquia de S. Salvador de Xirazga,
Sig. 3.10.15. fol 2 v.
(3)
Bande R. E. Ermita y Romería de Santo Domingo. Edi.
C. de Beariz, paxs. 58-59.
(4)
A.H.D. de O. Parroquia de S. Salvador de Xirazga.
Sig. 3.10.15 dos fols. 8v ata 39 v. e 3.10.16 en diante.
(5)
Bande R. E. O.C. px. 65.
(6)
A.H.D. de O. Parroquia de S. Salvador de Xirazga.
Sign. 3.10.15, Bloque B fl. 2-7v.
PONTE PIÑEIROS
Tamén é coñecida como a “Ponte das Coireiras”. É esta, unha ponte de
dous arcos de medio punto superpostos, para poder salvar neste lugar a enorme
profundidade do río ó que Vicente Risco e Otero Pedraio lle conceden o título
de Avia. A fábrica é de granito concertado e ambos arcos están rematados en
aresta viva.
Na
actualidade está en vía morta, xa que se fixo outra ponte moderna pola que pasa
a estrada OU 213 que une a Ermida con San Cristovo. Foi construído case
exclusivamente por canteiros de Magros (1) entre os anos 1921 e 1923, data na
que se inaugurou. (Para ver os canteiros que traballaron nesta ponte convén
consultar a Revista “O Quince”. 2004.
(1) Gulías Lamas, X. Revista cultural “O
Quince”, 2004. paxs. 4-17.
MONUMENTO Ó CANTEIRO
(2004)
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image008.jpg)
É
unha peza de granito, procedente das canteiras de Vilachán, que representa a
figura dun canteiro pensativo -a tamaño natural- co pico apoiado sobre a peza
que traballa e a mirada perdida na distancia, como emerxendo da mesma pedra.
Foi tallado polo eminente escultor Maxín Picallo Durán, á sombra das árbores da
antiga reitoral do priorado de Santa María de Beariz de Montes, nos primeiros
dez días do mes de agosto de 2004. Esta obra foi promovida pola Asociación de
Amigos da Terra de Montes, sendo presidente Xesús A. Gulías e patrocinada polo
Concello de Beariz, sendo alcalde D. Manuel Prado.
Quere ser unha homenaxe a tódolos canteiros desta terra.
MONUMENTO Á LAVANDEIRA DO
METÁL
(2004)
Con
este monumento quíxoselle render unha pequena homenaxe ós centos e milleiros de
mulleres, que de xeonllos, lavaron todo o estaño e wolfran, que saíron das
minas de Beariz de Montes. Porque foron elas, e só elas, as que fixeron esta
inxente tarefa.
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image010.jpg)
Trátase pois, dunha muller axeonllada, á tamaño natural, realizada en
granito de Vilachán por Maxín Picallo Asensio, quen tallou esta figura na finca da reitoral do Priorado de Santa
María de Beariz de Montes, nos primeiros dez días do mes de agosto de 2004. Foi
promovida a obra, pola Asociación de Amigos da Terra de Montes, sendo
presidente Xesús Gulías Lamas e patrocinada polo concello de Beariz, sendo
alcalde D. Manuel Prado.
MONUMENTO Ó MINEIRO
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image012.jpg)
Quere ser este monumento unha homenaxe a tódolos mineiros, que dende a
época dos romanos furaron os montes de Beariz, e sobre todo o Marcofán, á procura
do estaño e do wolfran. Foi tallado polo escultor Alfonso Torres Domínguez na
finca da antiga reitoral do Priorado de Santa María de Beariz de Montes durante
primeiros dez días do mes de agosto de 2004, nun bloque de granito procedente
das canteiras de Vilachán. Foi promovida a obra pola Asociación de Amigos da
Terra de Montes, sendo o seu presidente Xesús A. Gulías e patrocinado polo
Concello de Beariz, presidido polo alcalde D. Manuel Prado.
MONUMENTO Ó LABREGO
(2004)
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image002.jpg)
Este monumento foi realizado por Roberto Vidal Rascado, na finca da Reitoral
do Priorado de Santa María de Beariz de Montes, durante os primeiros dez días
do mes de agosto de 2004. Foi promovido pola Asociación de Amigos da Terra de
Montes, sendo o seu presidente Xesús A. Gulías e patrocinado polo concello de
Beariz, sendo alcalde D. Manuel Prado. Trátase dunha figura de granito,
procedente das canteiras de Vilachán, que representa a un labrego, apoiado no
sacho e cuberto cun traxe de augas.
FONTE ORNAMENTAL
(2004)
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image004.jpg)
Trátase dunha fermosa fonte ornamental de tres corpos con caída continua
de auga, ó xeito das fontes monacais colocadas nos patios dos claustros. Tallárona
os escultores Miguel Torres Rei e X. Luís
Fariñas Ribas, durante os primeiros dez días do mes de agosto de 2004, na finca
da reitoral de Priorado de Santa María de Beariz de Montes. A obra foi
promovida pola Asociación de Amigos da Terra de Montes, sendo o seu presidente
Xesús A. Gulías e patrocinouna o concello de Beariz, sendo alcalde D. Manuel Prado.
MONUMENTO Ó VERBO DOS
CANTEIROS
(2004)
Quere
ser este pergamiño de nove toneladas de peso, un monumento e unha homenaxe ó
verbo dos canteiros, que compartiu nesta terra, xuntamente co galego, lugar e
morada, expresión e convivencia, tradición e dicción, expresión e misterio, na
vida e no divagar dos canteiros polo mundo. O monumento foi tallado polo
escultor Antón Xil e Xil, na Finca do Priorado de Santa María de Beariz, nos
primeiros dez días do mes de agosto do ano 2004 e lava escrito uns versos de
Xesús Gulías, no Verbo dos canteiros que din
así:
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image006.jpg)
Arginas de Montes
jarlantes do verbo,
dende a Galleira, prá vobis
o eternemes baidó,
porque llastistes
polo
deundo todeito mougreando
cos
escurios, cos ferronchos e as calmotas
para mariñar coas árrias
mosto xidas
xarúas de baltra que
axorufan
as zibas onde morian
os zoinas e os humáns,
as giches e dangles queicas,
nas que todeita a terrageira
lle quiria ó nobis Queicó.
O
granito procede das canteiras de Vilachán. A obra foi promovida pola Asociación
de Amigos da Terra de Montes, sendo presidente Xesús A. Gulías e patrocinada
polo concello de Beariz, sendo alcalde, D. Manuel Prado López.
MONOLITO Ó PILOTO
(2004)
Este
monolito, procedente das canteiras da Saleta e quere ser unha eterna homenaxe
(por iso é de pedra) a un dos homes que dou a súa vida por apagar un lume, que
tentaba devorar o verdor desta terra. Para el, o noso agradecemento, o noso
recoñecemento e a nosa eterna débeda.
Trátase dunha pedra natural que leva encaixada unha placa, e nela, uns
versos de Rosalía, que nos lembran ós bearicenses que o coñecemos a pregunta de
por que sucedeu esta traxedia. Foi promovido este monolito pola Asociación de
Amigos da Terra de Montes, sendo presidente Xesús Gulías e patrocinado polo
Concello de Beariz, sendo alcalde D. Manuel Prado. Realizouse en Agostos de
2004 na finca da antiga reitoral do Priorado de Santa María de Beariz de
Montes. Está colocado na Goberna, á beira do campo de tiro.
CAPELA DE SAN BARTOLOMEU DA
BOUZA
A
primeira documentación escrita que temos desta capela, dánola o cardeal
Gerónimo de Hoyo, visitador do arcebispo compostelán D. Maximiliano de Austria,
no libro de “Memorias del Arzobispado de Santiago” do ano 1607, onde di, ó
referirse á parroquia de Santa María de Beariz de Montes: “…Hay dos hermitas,
una de San Pedro y otra de San Bartolomé”.(1) O resto da documentación
está nos libros de fábrica da Igrexa
parroquial de Santa María de Beariz de Montes que se corresponde entre os anos
1720 e 1831. Toda a documentación anterior,
pereceu nun incendio que asolou a sede do priorado de Beariz. Así pois,
no ano 1768, o visitador D. Antonio Folguera y Saavedra, enviado do Ilmo. Sr.
D. Bartolomé de Raga, arcebispo e señor
da metropolitana igrexa de Santiago di que “…esta capilla de San Bartolomé está
situada en los términos de esta parroquia (Beariz) y fue fundada en el año 1746
por Santiago Cortizo y Lorenzo Ogando con la pensión de 76 misas anuales….es su
actual capellán Don Manuel Cortizo, presbítero de esta vecindad…está
deteriorada de paredes, puertas y otras cosas y sin campana… mando que se
adorne y reedifique con decencia para poder celebrar misa en ella”. (2) Hai
unha nota máis adiante que di que Don Manuel Cortizo “se ha matado siempre por
poner campana y otras cosas en la capilla de San Bartolomé, la cual mandó poner
el visitador por despacho del Provisor”.
(3)
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image008.jpg)
Na
visita que lle fai no ano 1778 o Ilmo. Sr. D. Xoán Vara Fondevila, bispo de
Tanes, auxiliar do Ilmo. Sr. Don Francisco Alexandro Bocanegra y Ginaga,
arcebispo e señor de Santiago, di que “la ermita de San Bartolomé se haya en
los términos de esta parroquia, es de los vecinos y se celebra en ella la cofradía del mismo
santo…en cuya ermita Santiago Cortizo y Lorenzo Ogando fundaron una capellanía
con la viva obligación de rezar seis misas y tener la ermita decente…” (5) No
ano 1785 visita esta capela e a irmandade de San Bartolomeu o Ilmo. Sr. Frei
Sebastián Malvar y Pando, arcebispo e señor da santa apostólica e metropolitana
igrexa de Santiago que di: “…hállase fundada en ella una capellanía con la
propia advocación y tiene una pensión de seis misas rezadas”. Era nesa data o
capelán D. Benito Cortizo, quen tiña a obriga de “la decencia y adorno de la
capilla”. Nesta data aínda non tiña campá, pois o visitador manda poñer “una
campanilla para convocar con ella a los vecinos a rezar el rosario”.
A
actual capela ten a fachada occidental completamente lisa. Abre no centro unha
porta rectangular con lintel e xambas lisas. Sobre esta, e sen función algunha,
e completamente repicado, leva un arco de medio punto que apea nun par de
impostas proxectadas no paramento. A ambos lados, un pendón piramidal, rematado
en bola e no centro unha pequena espadana con arquiño de medio punto e
cubrición a dúas augas, onde se acubilla unha pequena campá. A media altura da porta occidental leva unha
data que ben puidera pertencer a un dos
arranxos: 1808. Tódolos muros exteriores están completamente aplanados. Polo
lado sur abre dúas pequenas fiestras con dobre verteluz e un mínimo bufardo á
altura da tribuna. O resto, completamente cegado.
No
interior, o paramento está tamén completamente aplanado coa cubrición de
madeira e esta, bastante deteriorada. O retablo é moi sinxelo e tenta imitar,
aínda que pobremente, ó gótico tardío e divídese en dous corpos. O inferior ten
tres carrís; no central está San Bartolomeu, no lateral norte, Santo Outel e no
lateral sur, San Roque. O caixón central do corpo superior está ocupado por
outro San Bartolomeu e nos laterais leva un par de cabezas de anxos pintadas.
Ademais destes santos, hai varios, case todos, de pequeno tamaño colocados onde
hai algún espazo libre, tanto sobre o altar, como acaroados ó retablo. A
tribuna é de madeira. Accédese a ela por
medio de catro escaleiras de pedra no arranque e as restantes tamén de madeira.
O
elemento máis importante que atopamos no interior desta capela e que é sen
dúbida unha xoia da Terra de Montes é unha Virxe María, coñecida como a “Virxe
de Belén”. Representa unha imaxe de Nosa Señora policromada, realizada en
pedra, posiblemente pertencente ó románico tardío xa que por algúns detalles,
como poden ser as varandas da cadeira, levaríanos a pensar que é dos comezos do
gótico, polo que a poderiamos encadrar entre os séculos XIII e XIV, o que faría
desta peza, a efixie relixiosa máis antiga que se conserva no Concello de
Beariz. A imaxe ten oitenta centímetros de altura e representa a Nosa Señora na
súa advocación de Nai de Deus cunha coroa na cabeza, como raíña da creación, en ademán sedente. Leva o Neno Xesús sobre as
súas pernas, ó que sostén coa man esquerda mentres que coa dereita mostra unha
froita que ben puidera representar o novo símbolo da comida de salvación. O
Neno sostén coa man esquerda que presenta sobre o seu peito, un pequeno
pergamiño, como símbolo da lei. Tanto o rostro da Virxe como o do Neno son
dunha inmensa dozura que entenrece o
corazón.
(1) Gerónimo del Hoyo. Memorias de las
Iglesias del Arzobispado de Santiago. Paxs. 496-497.
(2) Arquivo Histórico Diocesano de Ourense.
Parroquia de Santa María de Beariz. Libro de Fábrica 1720-1831. fol. 96 V.
(3) O. C. fol. 96 V.
(1)
O. C. fol. 118 V.
PONTE INÉS
Está
sobre o río de Magros, na estrada que une Beariz con Brués.
Trátase dunha ponte dun enorme arco de medio
punto rematado en aresta viva que arranca do mesmo leito do río. Está fabricado
en granito concertado e foi construído entre os anos 1923-1925, por canteiros
case exclusivamente de Magros. Ten un alzado de 9 mts. sobre o nivel das augas
do río.
CAPELA DE SAN XOÁN DE MAGROS
A
capela de San Xoán está situada na ladeira norocidental da derradeira escaleira
do Coto de Marcofán, no lugar de Magros, sobre un pequeno rechán, que lle fai
de adro, sobre o que se divisa tanto o val deste lugar coma o seu Castro inexpugnable
e milenario. Non sabemos a data da súa construción pero si sabemos que é
posterior ó ano 1607 porque non fala dela o Cardeal Del Hoyo visitador do Arcebispo de Santiago,
cando se refire á parroquia de Beariz, e si o fai das de San Pedro e San
Bartolomeu.
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image010.jpg)
Ten
planta rectangular e está fabricada en granito concertado. A fachada occidental
abre unha porta rectangular con lintel recto, xambas lisas e leva en cada esquina un pendón piramidal; sobre a porta,
vai unha fornela cunha bovediña de forno que acubilla un santo pintado de xeito
rudimentario (parece San Antonio) e unha inscrición que se corresponde a unha
das reformas: 1942. (Aínda que non podo aseguralo, teño a impresión de que hai
uns trinta anos, había neste lugar unha imaxe de San Xoán). Remata a fachada
nunha espadana de arco de medio punto peraltado, que acubilla unha pequena
campá cun curto pendón a cada lado e no ápice unha cruz rematada en puntas de
frecha. Tanto o muro sur coma o testeiro están completamente cegados mentres
que o setentrional abre unha fiestra rectangular con dobre verteluz. Leva
cubrición de tella plana a dúas augas e o aleiro remata nunha fileira de lousa sobre unha cornixa de
peito de pomba.
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image012.jpg)
No
interior os muros están aplanados e levan cubrición de madeira. O retablo é de estilo neoclásico popular
galego, de dous corpos. No pano central da parte baixa vai unha fornela coa
imaxe de San Xoán; do lado norte a
Virxe do Carme e do lado sur San Pancracio. A ambos lados do altar unha imaxe
da Guadalupana (que se repite) e unha da Inmaculada. Sobre a Virxe do Carme, na
parte alta vai un anxote.
No
ano 1778 visitou esta capela de Magros o Ilmo. Sr. D. Francisco Sebastián
Malvar y Pando, arcebispo e señor da Santa Apostólica e Metropolitana igrexa de
Santiago e di “…que hay una ermita de San Juán en el distrito de esta iglesia
parroquial…es de los vecinos, sin patronato ni patrono; se celebra en ella la
cofradía del santo para lo que se traen los ornamentos y todo lo demás
necesario de la iglesia”. Manda “que a cuenta de los efectos de la dicha
cofradía se haga una caja nueva con la efijie del santo pintado, un nuevo
frontal …y se calee por dentro y por fuera”. (1)
(1) Arquivo Histórico Diocesano de Ourense.
Parroquia de Santa María de Beariz. Libro de Fábrica 1720-1831. fol 119.
IGREXA PARROQUIAL
DE SANTA CRUZ DE LEBOZÁN
Di o
Cardeal del Hoyo, autor das Memorias del Arzobispado de Santiago o seguinte
cando se refire á parroquia de Santa Cruz de Lebozán: “Hai en esta feligresía
treinta feligreses. Los fructos todos al rector, que valen treinta cargas de
pan. Presentación del comendador de Paços de Arenteiro en sus meses. La fábrica
tiene de renta solamente una taxada de a diez (¿) Hay una hermita de San Pedro
Casofez, questá dentro desta feligresía, donde viven trece feligreses, vasayos
de la dignidad arzobispal y caseros del cabildo de Orense”. (Estase a referir ó
lugar da Ermida) (1)
Trátase dunha igrexa dunha soa nave de planta de cruz latina cos brazos
pouco pronunciados. Na actualidade ten tódolos seus muros completamente encalados,
salvo os encadres das portas e fiestras que son de granito concertado.
A espadana, fabricada tamén en granito, é de
estilo neoclásico galego e pertence ó século XVIII. A campá sur ten unha lenda
que di: “Jesús, María y José. Fui fabricada por Melchor Ocampo en Arcos de la Condesa en 1912” . A do norte foi fundida
por J. Liste, en Orazo no ano 1903 e ten outra lenda arredor, similar á da súa
compañeira que di: “Jesús María y José”.
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image002.jpg)
A
nave no interior divídese en catro tramos separados por tres arcos de medio
punto rematados en aresta viva; apean sobre ábacos modulados e estes van
montados en pilastras de sección cadrada do mesmo grosor cos arcos. Nótase perfectamente dende aquí a súa planta de cruz latina, xa que no tramo cuarto, que corresponde ó cruceiro,
abre a cada lado unha pequena capela. Accédese a elas por medio de ambos arcos
de triunfo de traxectoria semicircular e lixeiramente rebaixados. Ambos apean
sobre ábacos modulados que van montados sobre pilastras rectas, similares ás
dos arcos faxóns. Os ábacos destes arcos únense por medio dunha imposta ós do arco de triunfo da capela
maior. Estes son da mesma traxectoria cos da nave, salvo que están lixeiramente
rebaixados e as pilastras son similares ás descritas. No frontal do terceiro
arco da nave leva un letreiro que di: NBRE 1929, data que se corresponde coa remodelación. O segundo e o
terceiro tramo da nave abren unhas pequenas capelas con pouca profundidade nos
muros, ataviadas con arcos semicirculares.
Os
muros están completamente aplanados e os dous primeiros tramos da nave cúbrense
con bóveda de canón aplanada e postiza; o terceiro e o cuarto, o mesmo co
presbiterio, levan cubrición de madeira a dúas augas.
As
capelas laterais abren no testeiro unha pequena fiestra rectangular con dobre
verteluz.
A
ábsida leva acaroada a cada lado unha sancristía e abre tamén por esa banda
unha pequena fiestra con dobre verteluz. O piso é de baldosa moderna o mesmo ca
tribuna.
Como
sucede nos muros exteriores, todo o paramento está aplanado salvo os arcos, as
pilastras e os encadres das fiestras. A pía bautismal está situada na entrada,
á man esquerda.
A
fábrica desta igrexa é de granito e lousa nun perfecto combinado.
1. Gerónimo del Hoyo. Memorias del
Arzobispado de Santiago. Pax. 496.
CAPELA DA ERMIDA
Cando no ano 1607, o cardeal del Hoyo escribía sobre a parroquia de
Lebozán, entre outras cousas, di o seguinte: “Hay una hermita de San Pedro de
Casofez, questá dentro desta feligresía, donde viven trece feligreses vasallos
de la dignidad arçobispal y caseros del cabildo de Orense”, (1) estábase a
referir a actual capela da Ermida. Este feito confírmase tamén, século e medio
máis tarde, no ano 1752, cando se realizou na parroquia de Lebozán o Catastro
de Ensenada, pois referíndose ó pago da “lutuosa” di: “Pagan los vecinos del
lugar de la Hermida
de esta feligresía de Lebozán, por razón de lutuosas, en cada un año ciento y
diez Reales vellón, cuia cantidad percibe el Cabildo de la Ciudad de Orense” (2) E referíndose ó “boto” di o Catastro: “Pagan
cada uno de los vecinos cavezas de casas, cuatro cuncas de centeno a la mesa
capitular de la ciudad de Santiago que Ymportan cada un año treinta ferrados de
zenteno y recomponen ciento y cinco reales”. (3)
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image004.jpg)
Trátase dunha pequena capela de estilo popular coa fachada e os muros
totalmente aplanados, salvo os esquinais que son de granito e permanecen á
vista. Sobre estes, a fachada occidental leva un pendón piramidal para rematar
cunha cornixa modulada ó xeito de tornachoivas. A espadana abre dous arcos de
medio punto moi peraltados que acubillan outras tantas campás e vai coroada por
outro arco rematado nun pendón cunha cruz de ferro no ápice.
No
interior os muros tamén están aplanados e leva unha sancristía no testeiro con
acceso dende o presbiterio. Hai que destacar nesta capela unha imaxe de Santa
Lucía, recentemente pintada. A talla de estilo popular, podémola datar entre os
séculos XIV e XV. É unha das imaxes máis valiosas e antigas, realizadas en
madeira, que hai no concello de Beariz de Montes.
(1) J. Del Hoyo, Memorias de las Iglesias del
Arzobispado de Santiago, pax. 496. (fol 464, r.)
(2) Gulías Lamas, X. Evolución socioeconómica
das parroquias de Lebozán, Beariz e Xirazga, 1752. páx. 44.
(3) Gulías Lamas, X. O.C. páx. 45.
PONTE DE RICOBANCA
(S. XII-XIII)
Trátase dunha ponte medieval refeita sobre a que foi unha ponte romana
que formou parte dunha calzada que unía o sur de Galicia con Santiago, por
Cerdedo. Na actualidade esta ponte conserva pouco da que foi a orixinaria aínda
que se poden apreciar varios tramos da calzada.
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image006.jpg)
Esta
ponte está sobre o río Verdugo. Mide catorce metros de largo por un con oitenta
de ancho. Está formada por tres pilastras rematadas de xeito rudimentario sobre
todo na parte occidental, pero de enorme consistencia, que forman os catro
ollos polos que desauga o río. Estas teñan unha anchura aproximada de un metro
con vinte e van unidas con grandes chantóns de granito que son os que fan de
piso da ponte. As varandas son de perpiaños
irregulares de uns cincuenta centímetros por vinte de espesor. As dúas
pilastras centrais parecen de orixe, a lo menos na parte oriental, con entrada
triangular para facer máis doado o paso das augas.
Está
situada no lugar de Ricobanca, concello de Beariz, parroquia de Santa Ana de
Barcia de Xeixo (A Lama), arciprestado de Montes e Arquidiocese de Santiago.
CARTA DE PAGO DA IGREXA DE
BEARIZ
Carta de pago de Gr. Vazquez que le dio Domingo de Castro, Carpintero.
En
el lugar de Beariz, fra. de Santa María de Viariz.
A siete días del mes de septiembre del año
mil y seiscientos y beynte y cinco asso. ante mi escribano y testigos. Paresció
Presente Domingo de Castro, Carpintero. Vecino de San Martiño de Cameixa, y
dixo que sse dará Por Pago contento y satisfecho. a toda su boluntad de Gro. bazquez,
fabriquero de la dicha fra. de Viariz de cinqª. y queatro ducssº que el ssobredicho
Le dio y Pagó Para En Parte de Pago de las Ovras y altar de la dicha Yglesia de
Viariz. En que Sesta entendiendo. Los quales dichos cincuenta y qtro. dussº son
En dinero ademas de la dicha baxa que queda de fuera que el sobredicho hizo
Para la obra de la dicha Yglesia. que le tengo de pagar. Los quales dichos
mrvs. Recibi de ssu propia mano. Antes de agora y Por dicha Paga y recibo no
Pareza Ante mi scribaº. y ttº. Renunció. Salud da y numerosa pecunia, prueba y
Pago. Y las mas deste casso.
Y se
obligo con su p.(persona) y bienes de no pedir Los dichos cincuenta y quatro Ducados.
a Xilgorio bazquez maestro de la obra. El ni otra Persona En su nombre agora ni
en ningun otro. so Penas si lo hiziere o tentara azer que ni razon de lo nunca
oydo ni admitido En Juicio ni fuera del Y deba pagar Las costas y Para Lo
cumplir doy yo y Tengo todo su poder
Cumplido A las justicias seglares de su fuero y para que se lo agan cumplir y
aver de Resarcirme como Persistencia definitiba de Juez competente pasada En
cosa Juzgada y acerca del qual Ramiro Lamas Loys da su favor y la obligación y
su remedio y otorgará esta carta de Pago en forma. ante mi escribano y ttss.
Y Por no saver firmar Rogo a uno de los Presentes La Firmen para el de susodicho.
Estan Presentes por Testigos Domingo de
Ogando. Rubrica y Firma. Por de Par del escribano y Domingo de Muradas Y Fran. de
Ogando de la dicha fabrica de biariz Y Yo escribano doi fe. Conozco a los
Testigos. (1)
(Seguen as firmas)
1
Protocolo de Alonso de Ogando. Caixón Nº1712. Lb. 3. Fols. 157-157 V.
Ano 1625.
Arquivo Histórico de Pontevedra.
N.B.: Este documento está copiado “ad pedem
literae”.
VIACRUCIS PARROQUIAL DE
LEBOZÁN
(Século XVIII)
Do
que foi un antigo viacrucis, que había arredor do adro da igrexa parroquial
de Santa Cruz de Lebozán, só queda unha
cruz situada na parte surocidental do muro que rodea o recinto.
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image008.jpg)
A
cruz, de sección cadrada no arranque, leva as arestas biseladas e remata en
puntas de diamante con botón central. Vai montada sobre unha base piramidal
truncada.
A MESA DOS BISPOS
Do
que foi unha mesa de pedra de lousa asentada sobre catro chantas, tamén de
lousa, só queda unha destas pezas no lugar das Santas, na parroquia de Santa
Cruz de Lebozán.
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image010.jpg)
A
mesa foi levantada para que conferenciaran os tres bispos (Santiago, Lugo e
Ourense) neste pequeno lugar que pertencía a esas tres dioceses e que aínda na actualidade
pertence a tres concellos: Irixo, Boborás e Beariz.
A
raíz do Decreto 1456/57 da Sagrada Congregación Consistorial, dado en Roma o 17
de outubro de 1954, o Nuncio do Vaticano en España, executou ese Decreto o 7 de
marzo de 1955, que se fixo efectivo ó ano seguinte, é dicir en 1956, polo que a
parte das Santas que pertencía á diocese de Lugo, e a que pertencía á
arquidiocese de Santiago, pasaron a pertencer, unicamente á diocese de Ourense,
quedando deste xeito, todo o lugar unificado.
Con
este decreto, perdéronse case nove séculos de historia e o tempo foi facendo
tamén que as pedras da mesa foran desaparecendo paulatinamente, primeiro polo
abandono e o esquecemento e despois por culpa do cambio de trazado na estrada
que une Pontevedra con Barbantes.
A
única pedra que queda na actualidade, do que foi a mesa dos Bispos, é como se
dixo máis arriba, unha chanta de lousa nunha finca de labradío, do lado
esquerdo da estrada 541, con dirección a Ourense.
A EIRA DA FORXA
Esta
eira está situada no lugar da Forxa, no lado norte do Camiño Real, nun espazo
totalmente aberto e lindando coas mesmas fincas que forman o fermoso val de
Beariz.
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image012.jpg)
Tanto
o piso da eira como os hórreos foron recentemente restaurados, de xeito
simétrico, polo que ambos perderon ese fino sabor enxebre das cousas populares.
Consta de oito hórreos mixtos, moi semellantes entre si, a maioría de tres
claros, e todos, como é costume en Beariz, con cuberta de lousa. Están
colocados en dous grupos, perfectamente diferenciados pola súa orientación:
norte sur e levante poñente. Uns érguense sobre columnas biseladas e outros
sobre perpiaños dunha soa peza.
Ata o
primeiro cuarto do século XX, tamén se celebraban Corridas nesta eira, que foron
en decadencia, ata perderse de todo, pouco antes da Guerra Civil, posiblemente
devido á masiva emigración dos mozos e canteiros que se desprazaban a outras
rexións de España, para as construcións, sobre todo, dos túneles do
ferrocarril.
A EIRA DE OUTRALDEA
LEBOZÁN
Está
situada este eira no lugar de Lebozán, nunha especie de bagoada profunda,
orientada ó solpor e ó vendaval. Ten un terreo moi espazoso e os hórreos están
situados, case todos na parte máis occidental da eira, cerca do camiño, o que
permitía realizar os traballos da malla, con moita amplitude.
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image014.jpg)
Na
actualidade, está completamente abandonada e os doce hórreos, todos eles mixtos, aínda que algún, restaurado con ladrillos e tella curva no cumio, levan
cuberta de lousa.
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image016.jpg)
Esta
é unha das eiras, pola situación na que está; pola súa amplitude; polo adecuado
do seu terreo para realizar as labores agrícolas; polo seu valor etnográfico,
que valería a pena recuperar para o futuro, xa que neste lugar, hai anos se
celebraban festas con pandeiretas, e desfiles dos entroidos, que tiveron moita
importancia na parroquia de Lebozán. Ten acceso de carro polo camiño da Devesa
e unha parte do seu piso de lousa está recentemente restaurado.
A EIRA DO NAVAL DA LAXA.
Lugar de Magros, parroquia
de Santa María de Beariz.
É
esta unha eira verdadeiramente fantástica. Está situada na parte máis oriental
do lugar de Magros, mirando cara o Castro que a contempla dende o alto ao tempo
que escoita como o río se precipita polas laxas abaixo, e vai movendo os muíños
que están colgados da ladeira meridional do Marcofán. É unha eira completamente
aberta e soleada; unha eira espazosa, á que se accede sen dificultade, onde hai
sitio de abondo para facer todos os traballos relacionados co millo e co centeo
e poder servir como escenario das inquedanzas literarias deste pobo.
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image018.jpg)
Hai
nesta eira, coñecida tamén coma “eira da Laxa” 13 hórreos mixtos, a maioría de
tres claros. A estrutura é toda de granito con piso de pedra e a cubrición de
lousa. Na actualidade só tres están con balaústres de madeira. Os demais están
completamente abertos.
Nesta
eira, representáronse ata a década dos sesenta, do século pasado, a maior parte
das “corridas” e “entremeses” que se celebraron no lugar de Magros. Coa
emigración, primeiro a Europa e logo a México da maioría dos veciños, foise perdendo
o costume de facer as representacións teatrais e por falta de uso, os hórreos
fóronse abandonando e ás lousas do chán, onde se facían as mallas, víronse
invadidas polas herbas, as silvas e por todo tipo de maleza.
En
moitas eiras de Montes, coma esta, collían sona os poetas e valía os oradores,
que cando remataban os seus versos, recibían como premio, os aplausos e o
recoñecemento da concorrencia. Eran versos, ás veces picantes e outras cheos de
ironía, pero versos sempre inspirados no vaivén do día a día, como aquel que
interpretaban dous mozos e reza así:
-De onde ves compañeiro?
- Véñoche moi cansadiño
desa feira de Agolada.
-Pois si te vexo cansado
e tamén moi abatido!.
-Como ando tan cansado
e tamén tan abatido,
voume meter taberneiro
e non hei volver ao muíño,
e as nais da mozas solteiras
pódenlle ter unha misa
a un santo que hai no
Corpiño.
-Se te metes taberneiro,
Nosa Señora do Carme!,
vas ter que por de
cuartillo,
a nosa campana grande.
As
representacións escenificábanse con todos os elementos que a xente tiña ao seu
alcance. Nunha ocasión, nesta eira do Naval, facía a entrada triunfal o protagonista
do entremés, subido nun carro de vacas e, cando este paraba no medio do
escenario, comezaba a declamar os versos dicindo, todo acontecido:
-Na miña vida vin outra,
nesta eira do Naval:
a un carro de dúas vacas,
chamarlle “coche oficial”!.
A EIRA DO NAVAL DOS FRADES
Lugar do Candedo, parroquia
de Santa María de Beariz.
Está
esta eira do Naval, que ten catro hórreos mixtos, de dous claros cada un,
situada na parte máis oriental do Candedo, mirando abertamente ao alto Marcofán
e rodeada, tanto polo norte como polo sur, por unha fileira de casas apiñadas
que a defenden tanto do vendaval como da xistra, e o muro dos “frades”, é o que
a pecha por poñente.
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image020.jpg)
Esta
eira, está no medio da eira dos “Balboas” e da eira da “Fragua”, situadas ambas a distinto nivel e protexidas
por muros de contención de lousa, ás que se accede, dende o interior do Naval,
por medio de escaleiras e dende o exterior, directamente polo camiño. Tamén
nesta eira se celebraron “corridas” grazas ao espazo enlousado que hai libre no
seu interior, xa que os hórreos, están colocados unicamente ao seu arredor.
A EIRA DO LOUREIRO
Lugar de Magros, parroquia
de Santa María de Beariz.
O
que é propiamente a eira do Loureiro está situada nunha especie de rechán que
hai nunha ladeira de pendente moi pronunciada, aberta ao medio día e resgardada
do norte.
Os hórreos están colocados en ringleira
aproveitando a pendente do terreo, de tal xeito colocados, que reciben sen
atrancos, as correntes de aire.
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image022.jpg)
Dende baixo a eira, coroada no alto por un loureiro, de aí o seu nome,
asemella un escenario deseñado para representar nel as obras de teatro, polo que
nela se escenificaron moitas corridas e das que aínda hoxe hai quen lembra
versos que fan referencias a esta fermosa eira.
Válgame Dios de los cielos!
ó que chegou o Loureiro!:
eu vestido coas enaguas
e meu irmán co caldeiro!.
O CASTRO DE MAGROS
Trátase dun castro celta situado sobre o monte do Castro, no lugar de
Magros. Este lugar posiblemente estivera poboado ata o século IV despois de
Cristo, dado o tipo de pequenos restos de cerámica que se atoparon no seu
recinto, case sempre a flor de terra, xa
que non se fixeron escavacións nin estudos en todo o que é o seu recinto. (Refírome
a traballos científicos)
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image024.jpg)
Eu
nos meus tempos de estudante, no Seminario de Ourense, nunha ocasión que o fun
visitar, atopei, mesturada entre outras pedras que había na desfeita dun muro, unha moa de muíño de man, rota, pero
ben conservada, que se pode ver na Sala de Xuntas do Concello de Beariz.
Trátase dun recinto amurallado que conserva parte dos antigos muros
sobre todo polo lado oriental, onde o acceso é máis accesible. A muralla,
realizada en cachotería de granito, desapareceu na maior parte do recinto, xa
que sobre todo, os veciños de Magros, atoparon neste lugar, unha canteira da
que sacaron pedras, tanto para levantar muros de ficas como casas dentro do
propio lugar.
As
antigas vivendas castrexas a penas son perceptibles. A maioría están cubertas
con terra e habería que facer unhas escavacións
moi concienzudas para poder sacalas á luz.
O
recinto propiamente do Castro, como xa se insinuou máis arriba, só é expugnable
polo lado oriental. O resto do monte é un inmenso outeiro de granito cos bordes
case en vertical, o que facía que a penas, precisara de muralla.
A
redor deste Castro de Magros xurdiu unha enorme cantidade de lendas, como en
todos os Castro de Galicia, sobre os “mouros”, ós que se adoita confundir coa
poboación prerromana que habitou a Península Ibérica antes e durante o dominio
do Imperio de Roma.
A
panorámica que hai dende o Castro de Magros é francamente fascinante. Ábrense ó
solpor os montes da Serra do Suído e do Seixo e as faldras dos montes máis
pequenos, polos que o río Avia, que acaba de nacer na Portela da Cruz, vai
recibindo as augas dos demais afluentes, formando profundos barrancos que se
perden polo lado meridional, onde se ven ó lonxe o Faro de Avión e a Pena
Corneira, case debruzada encima do Ribeiro. Deféndeno dos ventos do norte o
Monte Marcofán e polo levante, érguese Porto de Bois.
O CASTRO DE GARFIÁN
Este
pequeno castro está situado ó norte do lugar de Garfián sobre un outeiro de
difícil acceso, en especial se se intenta o ascenso dende este lugar ou polo
lado norte. Desapareceron del case completamente as murallas exteriores e as
vivendas castrexas tampouco son perceptibles a causa da esquilma descontrolada
dos veciños, que empregaron as pedras, a maioría de lousa, para a construción
de muros de fincas e casas veciñais. Quedan del moi poucos vestixios, xa que os
seus terreos foron repartidos, na súa maior parte, entre os veciños da Forxa e
de Garfián.
Hai
un número importante de lendas en torno a este Castro, sobre todo, no referido
a tesouros, que supostamente, varios veciños atoparon, movendo grandes laxas
que había nos seus arredores. O máis soado é dun xugo de ouro que din que
atopou un dos antigos ancestros da familia do Patacas de Garfián.
A
panorámica deste Castro é fascinante, xa que está completamente aberto ós catro
puntos cardinais. Pódense ver ó norte o pico de Lamas e os lugares da Alta; ó
solpor a Serra do Suído e o Monte Seixo; ó sur, Pena Corneira e a serra de
Avión e polo levante, Marcofán, Porto de Bois e os montes que forman os canóns
do Avia, camiño do Ribeiro.
PONTE BARCIA
O Candedo
Trátase dunha pequena ponte de dous ollos sobre o río que D. Ramón Otero
Pedrayo considera Avia, que nace nas brañas da Ermida, ó seu paso por Barcia.
Posiblemente esta ponte, realizada con grandes lousas, tanto no piso orixinal
como nos muros, pertenza á alta Idade Media, polo que a podemos encadrar entre
os séculos XIII e XV.
A
técnica empregada na construción desta ponte, que comunica o lugar do Candedo
coas parroquias de Pardesoa e Presqueiras, é a mesma que a empregada na ponte Baíste
e na Torre da Alarma de Barciela.
Na
actualidade, esta ponte foi ancheada mediante unhas vigas de formigón, que van
asentadas sobra a orixinal o que lle deu ademais maior altura sobre o nivel do
río. Esta reforma levouse a cabo despois de que os montes pertencentes ós
lugares do Candedo e Forxa, sufriran a
repoboación indiscriminada de pinos, realizada pola “Forestal”. O motivo foi,
que debido a súa estreiteza orixinaria, os camións que transportaban as toradas
das árbores, corrían serio perigo de caer ó río.
É
moi común que neste lugar, debido a estreiteza dos ollos de desaugue e á moita broza
que alí se acumula, haxa cada ano algunha chea, onde a auga supera a altura da ponte.
Pero esta, leva aguantando durante séculos, sen sufrir o máis mínimo deterioro, as forzas
descontroladas das augas do Avia de D. Ramón.
MÁMOA DE SANTO DOMINGO
Este
monumento funerario do megalítico, está na parte meridional da carballeira de
Santo Domingo. Orixinariamente era un gran promontorio de terra que foi
profanado a principio dos anos setenta. No seu interior, que tiña unhas grandes
chantas de lousa, colocadas ó xeito de capela, atopáronse varias bólas de
ferro e unha punta de lanza, tamén do
mesmo material.
Na
actualidade tapáronlle o cume e puxéronlle un pequeno enreixado arredor.
Non
moi lonxe deste lugar, concretamente, na Portela da Cruz, case encima das
fontes do Avia, érguese tamén, unha enorme mámoa, que hai anos, foi
completamente profanada e partida pola metade por unha potente escavadora ó
tratar de facer unha pista que corre ó longo da Serra do Suído.
MÁMOA DA ERMIDA
Está
este monumento funerario da época megalítica nun monte pertencente ó lugar da
Ermida, moi preto do muíño das Vechas, ó lado dereito da estrada que une San
Cristovo coa nacional 541.
Da a
impresión de que foi profanado, costume que houbo en Galicia de furar polo
medio estes monumentos, porque había sobre eles varias lendas que dicían que os
mouros deixaran alí gardadas antes da súa expulsión os tesouros de ouro e
sollas que tiñan para volver por elas, cando cambiaran as tornas da política.
Relativamente cerca deste lugar, concretamente na Chancela, hai tamén
varias mámoas, que permanecen alí como mudas testemuñas, da presenza do ser
humano nesta terra.
MÁMOAS DO VAL DO LODEIRO
Hai
neste monte do Val do Lodeiro, pertencente ó lugar da Forxa, media ducia de
mámoas que foron todas profanadas varias veces, na procura dos tesouros que as
lendas dicían que había nos seus interiores.
Este
monte, case todo chairo, como o seu nome indica, está situado ó solpor do
Castro de Garfian e as mámoas, colocadas case en ringleira, dan a impresión de
que formaron parte dun lugar funerario moi importante.
Non
temos recollido ningún elemento procedente da profanación destas mámoas, ou ben
porque non se atoparon ou se se atoparon, perdéronse. O único que quedan, son
as lendas que fabulou a xente ó calor da lareira, nas noites de invernía e que
lle contaban os vellos ás novas xeracións, de que nas mámoas das Seves, que
tamén así se chaman, os mouros deixaron enterrados ouro e sollas, antes de
fuxir expulsados polos reis Católicos.
O SERRADOIRO DO CORNELLO
En
Silleda, o día seis de decembro de 1887, diante do escribán desa vila, D.
Manuel Vázquez, o veciño de Beariz, o tamén chamado, Manuel Vázquez, comproulle
a Don José María Vázquez, do pobo de Silleda, o monte e prado chamado Cornello,
sito en Santa María de Beariz e di o comprador, que o diñeiro que custou esa
finca, a metade a recibiu do seu fillo Demetrio Vázquez e a outra metade, do
seu xenro, Benito Gulías Ogando. Así o firman o escribán, o comprador e as
testemuñas alí presentes.
Esta
compra foi o comezo da edificación dunha presa e dun serradoiro de madeira que
Benito Gulías Ogando, coñecido como o Currucho, levantou no Cornello e que
durou ata 1960, ano no que trasladaron a guía e parte da maquinaria, para a serraría
do Bouzo, que funcionaría con electricidade.
O
serradoiro do Cornello funcionaba coa auga que por unha presa escarvada na laxa
viva que hai na ladeira do monte, e que aínda existe, chegaba a unha roda
grande de madeira, ó xeito de nora, que facendo mover unha serie de engrenaxes,
conseguía que unha cinta dentada, xirando sobre dúas rodas colocadas unha sobre
outra, cortara as toradas para facer táboas.
Fixéronse
neste serradoiro todo tipo de traballos que se precisaban para a edificación de
casas, coma táboas, cangos e pontóns; todas as partes que cumprían para a
construción de carros e outros aparellos de labranza; a madeira que os carpinteiros
necesitaban para facer todo tipo de mobles. En fin, a serraría do Cornello foi
un referente para a toda a comarca de Beariz, durante setenta anos. Do Cornello
saíron táboas, no só para todas as partes de Galicia, senón tamén, para moitos
lugares de España. Saían do Cornello camións cargados de táboas ata a estación
de Ribadavia e de alí, collían os camiños do vento.
Na
actualidade, quedan neste lugar, como mudas testemuñas dun pasado de esforzos,
a presa e os muros do serradoiro, vendo pasar ós seus pés, as tranquilas augas
do Avia de Risco e de Don Ramón.
Dende estas páxinas, pido para ó Currucho, para a súa xente e para todos
os esforzados que traballaron no Cornello, a bendición eterna.
O MUIÑO DE BARCIA
Non
é que o muíño de Barcia sexa o mellor muíño de Beariz. Nin moito menos. O muíño
de Barcia é un de tantos muíños de cal que hai nas beiras dos ríos e regatos
que bañan este concello. Pero o muíño de Barcia ten para min unha connotación
especial, xa que nel, a miña familia, ten unhas cantas horas de moenda cada
semana e dende os meus tempos de rapaz, acudín a este muíño tanto para “apolo”
como para “barrelo”.
O muíño
de Barcia é un prototipo dos muíños de Beariz que xa aparecen no Catastro de
Ensenada coa descrición de “ una muela, canle y piedra negra”. Pois ben, o muíño de Barcia é unha pequena
edificación, con tellado a dúas augas, construída totalmente con lousa. Abre
unha porta ó medio día e unha pequena fiestra que lle da luz ó lugar onde está
situada o pé sobre o que xira a moa. A fariña cae por todo o arredor do pé
sobre un piso tamén de lousa moi ben rematada e encaixada, para que aquela non
se perda. O rodicio orixinal era totalmente de madeira. O actual, de ferro, substituíu
ó anterior a mediados dos anos sesenta do século pasado. Dende o interior,
mediante unha trampiña, pódese “pear”, sen necesidade de baixar o cruceiro do
seu punto de equilibrio.
Quero dende o muíño de Barcia, facer extensivo o meu recoñecemento a
todos os muíños de Beariz, que grazas a eles, puido comerse pan de trigo e de
centeo coa fariña moída nos moitos muíños albeiros que hai nesta terra e tamén
á inmensa maioría de muíños, que moían millo, o pan de cada día desta xente de
ben, traballadora e honesta, que fixeron grande a Terra de Montes.
AS MINAS DE ESTAÑO E WOLFRAN
Nos tempos en que se fixo o Catastro de Ensenada na Terra de Montes
(1752), non consta que nestas terras houbera algún tipo de minería. Posiblemente
as minas de Beariz, xa traballaran bastante tempo antes, pero non temos
constancia documentada destes feitos. Do que si temos constancia é que con
motivo das dúas guerras mundiais a minería en Beariz acadou unhas cotas moi
importantes, tanto na explotación destes recursos naturais como na súa elaboración
e comercialización.
Parece ser que foi a extracción de estaño a primeira que se levou a cabo
nas nosas minas, por ser este metal un elemento imprescindible para a
consecución de produtos de bronce. Pero foi o wolfran, a raíz da segunda guerra
mundial o que levou a palma tanto no esforzo coma na remuneración económica,
por ser este un elemento imprescindible para que os alemáns puideran fabricar
un tipo de canóns, descoñecidos ata esa data.
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image002.jpg)
O
seu prezo acadou a maior altura cando os ingleses decidiron mercar todo o
wolfran que se producía non só en Beariz, senón en toda Galicia a un importe
superior ó dos alemáns, aínda que non lles servía para nada ós británicos,
porque non tiña a técnica necesaria para empregalo. Por iso, despois de mercalo
e cargalo no Porto de Vigo, baleiraban os contedores detrás das Illas Cíes.
Hoxe
todas estas minas están completamente abandonadas polo que é un perigo poder
acceder ó seu interior por causa dos derrubes. Hai algunhas, realizadas en
rocha viva, como sucede coa de Barros en Penamarela, que ten un risco menor de
esborallarse, pero aínda así, estas minas deben estar pechadas e selladas e coa
indicación suficiente do perigo que representan, tanto no interior das galerías
coma nas bocas, moitas delas, realizadas en vertical.
A
minería en Beariz, que como dixemos anteriormente, acadou o máximo esplendor
durante os anos da Segunda Guerra Mundial. Unha vez rematada a contenda, foi
perdendo empuxe, por falta de demanda, ata ser completamente abandonada a
comezos dos anos sesenta.
O FORNO DE FUNDICIÓN DO
PAMBAL
Muradás
Foi
este o derradeiro forno de fundición de estaño que funcionou en Beariz, ata ben
mediado os asnos sesenta do séculos pasado. Cando xa os fornos de auga e
carbón, estaban en completo desuso e os seus donos, venderan as guías coas que
poder realizar a fundición, abriu Claudino Ribas este forno moderno en Muradás,
moi cerca da capela de San Pedro. Trátase dun forno que funcionaba
exclusivamente a petróleo, polo que realizaba o traballo da fundición, non só
de xeito moi eficaz, senón tamén de forma rápida, evitando ademais, moitas
perdas de produto.
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image004.jpg)
O
fogo, producido polo moderno carburante,
incidía directamente no forno, no que se depositaba o estaño o máis liberado
posible de pedras. Unha vez que o estaño entraba en fase de licuación, este desprazábase
para as partes máis baixas do forno e de aí saía ó exterior, onde se colocaban
os moldes. Unha vez que estes estaban cheos, retirábanse para deixalos enfrear
e posteriormente sacar os lingotes.
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image006.jpg)
O
forno propiamente dito era dunha cerámica especial, moi resistente ás altas temperaturas
e ía resgardado por unha enorme cápsula de ferro e illado con fibra de vidro,
para manter mellor as temperaturas.
O
forno do Pambal ou o forno do Ribas, como así tamén é coñecido este fantástico
forno de fundición, está hoxe convertido nun montón de chatarra enferruxada,
pero aí segue, coma un monumento ó noso pasado mineiro e industrial, aguantando as choivas e as calores desta terra,
mirando sempre para ó alto Marcofán, coma se aínda estivera esperando que algún
día, puideran saír do interior das súas entrañas, unhas padas de estaño, que
fundir.
A NEVEIRA DE SANTO DOMINGO
Xirazga
Da
Neveira de Santo Domingo, temos unha boa documentación no Catastro de Ensenada,
do ano 1752. Na pregunta Nº. 17, á que se responde nos folios 574-575 do Libro
de Interrogatorios, ó referirse ás Neveiras que hai na Terra de Montes, di:
“Hay cuatro pozos de recoger nieve. Los dos de la feligresía de San Mamed de
Millerada son del Deán y Cabildo de la ciudad de Santiago; otra en la
feligresía de Santiago de Pardesoa es del Colegio de la Compañía de Jesús de la Villa de Pontevedra; otra en
la feligresía de San Salbador de Jirazga que es de Don Gaspar Suarez Mosquera
de la Villa de
Pontevedra”.
No
Libro de Interrogatorios C/564/1, ó referirse tamén á parroquia de San Salvador
de Xirazga, provincia de Santiago e Xurisdición de Montes, di con relación á
Neveira: “Una llamada de Santo Domingo, propia de Don Gaspar Mosquera, vecino
de la Villa de
Pontevedra, se le reguló al año, Cien Cargas, y a cada una, ocho reales de
vellón, que importan ochocientos” (1)
O
mesmo documento repite case ó pé da letra, pero un pouco máis adiante, o
referido anteriormente e falando de novo da Neveira de Santo Domingo, di o
seguinte: “Tiene esta feligresía un pozo de recoger niebe llamado de Santo
Domingo en el qual se entregan cada año cien cargas de Niebe. Se reguló cada
una a ocho reales que importan el todo de ella ochocientos reales de Vellón. Es
propiedad de Don Gaspar Mosquera, vecino de la Villa de Pontevedra. Ya está otro escrito en esta
Lista desta Nebera”. (2)
Da
documentación que nos da o Catastro, podemos deducir que a neveira de Santo
Domingo era un pozo grande e importante, do que saían cada ano, cen cargas de
xeo con destino sobre todo á cidade de Santiago e á vila de Pontevedra. O xeo,
cortado en barras, era vendido polos “arrieiros de neve”, ou “traficantes de
neve”, que o transportaban ós lugares de destino a lombo de cabalerías.
Referíndose tamén ó negocio das Neveiras que tiña o Mosteiro de
Acibeiro, di delas o Tumbo Grande: “Una de las mejores propiedades que tenía el
Monasterio eran las Neveras que llegaron a valer algunos años cerca de mil
ducados”, polo que o amanuense do Tumbo se laia, porque “...siendo así esto,
han permitido hacer en los términos del Monasterio, tres Neveras...”. (3)
(N.B.: Tanto as notas do Tumbo Grande como as do Catastro de Ensenada están copiadas
“ad pedem literal”.)
Da
Neveira de Santo Domingo, que como acabamos de ver, se nos da boa conta tanto
no Catastro coma no Tumbo Grande, na actualidade, despois da derradeira
demarcación do territorio, quedou enclavada no concello de Forcarei. Está
situada na ladeira do monte que mira ó norte por onde discorre a estrada que
vai de Santo Domingo a Presqueiras e Ricobanca, a uns trescentos metros da
capela, nunha especie de depresión que hai entre dúas ladeiras do monte,
cuberta totalmente de toxos e uces. A Neveira,
quedou no medio dun cortalumes que abriron neste monte. Cando fixeron o
referido cortalumes, para poder pasar con máis facilidade, atuíron a neveira
con pedras, terra e todo tipo de escombros, polo que non está á vista, senón completamente
tapada.
(1)
Gulías Lamas, X. Evolución Socioeconómica das parroquias de Lebozán,
Beariz e Xirazga. Páx. 142.
(2) Gulías Lamas, X. O. C. Páx. 145.
(3) Gulías Lamas, X. O.C. páx. 136.
REITORAL DE BEARIZ
A
Reitoral do Priorado de Santa María de Beariz ardeu nun incendio que se
orixinou o 15 de agosto do ano 1748, polo que se perderon todos os documentos
que alí se gardaban. O que non consta en ningún documento, é se na súa
reconstrución, aproveitaron as antigas paredes ou fixeron todos os muros de
novo.
O
Catastro de Ensenada cando fala do “Priorato de esta feligresía anexo al
Monasterio de Santa María de Acibeiro”, aínda que non fai referencia ó
incendio, da a entender que nesa data xa estaba totalmente reconstruída, pois di:
“Casa. Una alta, con su cavalleriza. Está en el lugar de Candedo, tiene de
frente diez y seis varas y de fondo diez y seis y media; derecha camino,
izquierda, huerta propia. Su alquiler al año, ochenta reales de vellón.
Hortaliza: Adheriente a dicha casa, cavida cien ferrados, quatro concas; yerbal
regadío. Un ferrado huerta y el resto regadío. Tada la finca zercada”. (1)
A actual casa tivo no ano 1954 unha reforma
bastante importante, na que lle abriron unha galería sobre o seu muro meridional
e no ano 1960 abríronlle unha porta de acceso sobre o seu muro occidental. A
razón de abrirlle esta porta foi debida a que lle fixeron un acceso á finca
pola estrada, xa que orixinariamente a súa única entrada era polo Camiño Real.
Tamén polo Camiño Real, había un acceso común á finca do Priorado para
coller auga na “Fonte do Cura”, aberto para todos os veciños. Este
dereito, que procedía da época medieval,
perdeuse para todos os veciños do Candedo e Forxa no ano 1955, cando o cura D.
Francisco Otero, puxo unha cancela, impedíndolle a entrada a todos os veciños.
Con esta decisión arbitraria, perdeuse unha tradición centenaria que ningún
freire nin cura, que atenderon esta parroquia, cuestionaran.
(1) Gulías Lamas, X. Evolución Socioeconómica
das parroquias de Lebozán, Beariz e Xirzga, 1752. Pax. 106.
CAPELA DE SANTA RITA DOS
LIÑARES
Esta
capela de Santa Rita, está situada na parte norte do lugar dos Liñares e foi levantada a finais do século XX. Pertence á parroquia de Santa Cruz de
Lebozán, e non hai tradición doutra capela neste lugar, xa que foi levantada de
raíz. É unha fermosa obra de cantería
gris, tipo Grisal, realizada con perpiaños a corte vivo e encintados. Consta
dunha soa nave sen ábsida coa fachada completamente lisa e rematada nunha
pequena espadana dun só corpo con dous arcos peraltados para acubillar as
campás e rematada nunha cruz simple.
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image008.jpg)
Está
erguida sobre un rechán que fai de adro, e o piso, perfectamente lousado vai
cercado por un muro de obra de albanelaría.
Accédese ó seu interior por medio dunha porta cun arco circular moi rebaixado.
Polo lado meridional abre unhas pequenas bufardas que lle dan luz ó interior e
leva cubrición de tella a dúas augas.
PÉ DA PÍA BAUTISMAL DE
BEARIZ
(Séculos XIII-XIV)
Do
seu pasado medieval, ademais das dúas marcas dos canteiros que hai na tribuna e
na fachada occidental, a igrexa de Beariz, tamén conserva o pedestal da súa
vella Pía Bautismal, que foi trocada por outra de mármore por D. Henrique
Cachafeiro, que rexentou esta parroquia entre os anos 1901-1914.
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image010.jpg)
Na
actualidade, este pedestal, algo deteriorado, serve de chanzo para acceder á
Torre de Cerviño. Trátase dunha peza de base cadrada con tres flores de catro
pétalos estriados e moi carnosos con botón central en cada unha das caras da
escocia. Está furado no centro para darlle saída a auga, que ía parar a un
pequeno foso aberto no chan do baptisterio.
A
pía era unha semiesfera con forma de copa. Estaba decorada na parte superior
cunha fina orla de bólas pouco pronunciadas, e conservouse no lado occidental
do adro ata principios dos anos setenta, tempo no que foi esnaquizada, para
servir de recheo ó firme de concreto que está cubrindo o piso por ese lado.
PÍA BAUSTISMAL DE SANTA CRUZ
DE LEBOZÁN
(Seúclos XIV-XV)
O
único elemento medieval que hai na igrexa de Santa Cruz de Lebozán é a súa Pía
Bautismal fabricada en granito doce. Ten forma de cono invertido co borde liso
na parte superior.
O
pedestal, enterrado en parte, consta de oito caras, con arquiños invertidos, ó
xeito de bágoas, na parte alta de cada bisel. O seu estado de conservación é
moi aceptable e está colocada ó lado norte da porta occidental. Podémola datar
entre os séculos XIV e XV.
PÍA BAUTISMAL DE SAN
SALVADOR DE XIRAZGA
(Século XV)
A
única peza que se conserva na igrexa de San Salvador de Xirazga da súa antiga
fábrica, é unha Pía Bautismal en forma de copa, co borde superior baquetoneado
e ataviado en todo o seu arredor con anchas follas en alto relevo que arrancan
do centro da base e rematan na parte superior da copa en forma de lingüeta. O
pedestal é moi curto e o pé desapareceu.
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image012.jpg)
Consérvase esta peza na explanada do adro da igrexa parroquial, colocada
diante do fermoso cruceiro de Xosé Cerviño.
IMAXE DA VIRXE DE BELEN
CAPELA DA BOUZA
Trátase dunha imaxe de Nosa Señora,
realizada en pedra policromada, de claro estilo románico serodio, que no fronte
da base leva unha inscrición que di: VIRGEN DE BELEN.
A
imaxe representa á Virxe María sentada nun pequeno trono cun Neno Xesús tamén sentado sobre o seu xeonllo esquerdo e
coa man dese mesmo lado agárrao contra si para que non caia, mentres que coa
dereita sostén unha bóla. O Neno, de cabelos ondeados, sostén contra ó seu
peito, coa man esquerda, un libro pechado.
A
Virxe viste unha longa prenda dunha soa peza con grosos pregos e caída lisa.
Por encima, leva un manto con pregos nos
laterais e sobre este, cubríndolle a cabeza, vai un veo liso e remata cunha
coroa de catro puntas (rota a da parte de atrás).
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image014.jpg)
Tanto o rostro da Virxe como o do Neno son de ollos grandes, narices
grosas, beizos pouco prominentes, sobre todo os do Neno e rostros redondeados,
que lle dan ó conxunto unha gran dozura.
Na
actualidade, posiblemente non conserve á vista ningunha pintura orixinal. A de
mellor calidade é a dos rostros da Virxe e do Neno. A do vestido do Neno, que na actualidade é
branca, está a caer por anacos, polo que se pode apreciar por debaixo, outra de
cor azul. Todo o resto da pintura da imaxe é extremadamente chafalleiro.
A
imaxe, que mide oitenta centímetros de alto e vinte e oito de base, consérvase,
do lado da epístola, na capela de San Bartolomeu da Bouza.
Teño
que dicir, que esta imaxe é a única Santa María que coñezo da época
medieval non só, no concello de Beariz,
senón tamén, en toda a Terra de Montes. Podémola
encadrar entre os séculos XIII e XIV.
IMAXE DE SANTA LUCÍA
CAPELA DA BOUZA
Trátase dunha pequena imaxe de Santa Lucía, de clarísimo estilo popular,
de uns vinte centímetros de alto que representa á santa avogosa da vista.
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image016.jpg)
Leva
un vestido de dobre fondo completamente liso que lle chega ó chan, onde pousa e
un manto que lle cubre a cabeza e só lle deixa ó descuberto o rostro. Coa man
esquerda sostén unha ánfora e sobre a tapa desta, mostra os dous ollos mentres
que a man dereita tena lixeiramente dobrada. Está feita en madeira e o
policromado é excesivamente rudo. Posiblemente, sexa unha desas imaxes que
facían os pastores a navalla para matar o tempo cando andaban no monte,
gardando nas ovellas.
IMAXE DE SANTA LUCÍA
CAPELA DA ERMIDA
Trátase dunha pequena imaxe de Santa Lucía,
de estilo popular que se venera na capela de San Antonio da Ermida. Cabe a
posibilidade de que fora tallada por un canteiro, en vez dun carpinteiro, xa
que ten certas trazas das que usaban estes coa pedra cando realizaban figuras,
sobre todo de santas, imitando ás Virxes románicas.
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image018.jpg)
Nalgúns detalles perde as proporcións, pero
a pesar de iso, a talla é de gran valor etnográfico, xa que conta con todos os elementos propios da figura que
representa. Posúe unha gran cabeza con longa melena, faccións simples e moi
equilibradas. O corpo é bastante proporcional e a vestimenta, moi sinxela e sen
complicacións. As mans, sobre todo a esquerda, coa que nunha cunca, mostra os
seus ollos, a santa, son demasiado grandes e os brazos moi curtos. Todo o
demais, garda unha proporción harmoniosa, que lle da á imaxe unha fermosa
serenidade.
Foi recentemente pintada con cores demasiado
rechamantes e excesivamente vivos, polo que perdeu parte do seu atractivo
orixinal.
Posiblemente a podemos encadrar entre os
séculos XIV e XV.
PANTEÓN DE MERELLES.
Santa María de Beariz de
Montes
(Obra de Xosé Cerviño)
Este
panteón é coñecido en Beariz como o Panteón de Merelles, xa que foi mandado
construír por D. Domingo Antonio Merelles, quen fora deputado, primeiro pola
circunscrición de Ourense e finalmente pola de Carballiño, nas lexislaturas de
1839, 1841 e 1858-1863. Tamén foi senador pola provincia de Ourense na
lexislatura 1871-1872. Foi pai de D. Adolfo Merelles y Caula, que foi deputado
polo Distrito de Ribadavia entre os anos 1879 e 1907, a excepción dos anos
1891-1893 que fora elixido senador pola provincia de Canarias e entre 1896-1898
cando fora nomeado senador pola provincia de Ourense. Merelles y Caula foi o
pai de D. Adolfo Merelles Martel, quen tamén foi elixido Deputado a Cortes polo
distrito de Ribadavia, entre os anos 1910-1914, polo partido liberal. O
monumento foi labrado por Cerviño a comezos do derradeiro cuarto do século XIX,
posiblemente cando refixo a torre da igrexa parroquial de Santa María de Beariz
de Montes, que fora derrubada por un raio.
![](file:///C:/Users/GULASS~1/AppData/Local/Temp/msohtml1/01/clip_image020.jpg)
O
monumento está acaroado pola parte meridional ó presbiterio da Igrexa parroquial
de Santa María de Beariz de Montes. Consta de catro nichos superpostos,
colocados lonxitudinalmente e rematados nun frontón semicircular pechado, cun
medallón ovalado no centro e ataviado con lambrequíns, ó xeito de escudo onde
está escrito, na actualidade case ilexible, o nome do propietario: PROPIEDAD
DEL S. D. DOMINGO A MERELLES. Sobre o ápice, leva unha cruz cos vértices ó
exterior e irradiacións na intersección dos brazos, ambos rotos.
Todos os nichos, salvo o primeiro, que leva unha cartela simple e plana,
están decorados nas paredes lonxitudinais. O segundo, que ten as paredes
cóncavas, vai decorado cun par de panos, pendido cada un, de dous botóns e coas
puntas caídas en vertical; o terceiro, leva en cada esquina unha flor de catro
pétalos lobulados e o cuarto, vai ataviado cun reberete de follas anchas nos
extremos.
A
cornixa do segundo, labrada en cuarto de toro é a máis elaborada, xa que está
decorado con follas trilobuladas e o
terceiro, está rematado en peito de pombo con listel na parte superior; as
demais son rectas. O frontón leva cornixa lisa en planos superpostos e media
cana pola parte exterior cun par de bágoas nos asentos.
Na
1ª Edición do ABC, do martes 21 de febreiro de 1911, aparece unha publicación na súa páxina 8, que di: “En
su casa de la calle Cervantes falleció anoche, a las ocho y veinte, el
respetable hombre público D. Adolfo Merelles Caula.
Desde las Constituyentes del 09, el señor
Merelles representó en el Congreso en casi todas las legislaturas, el distrito de
Ribadavia, y ocupó en diversas ocasiones un puesto en el Senado por el voto de
sus electores de Canarias y Orense.
Durante los gobiernos liberales desempeñó
elevados cargos –director general de Obras Públicas y de Administración y
Fomento, subsecretario de Ultramar y de la Gobernación y director
general de Penales-, demostrando en todos ellos su rectitud, su elevado
espiritu y su caballerosidad, cualidades que daban a su personalidad gran
relieve, y por las cuales era generalmente estimado.
Sus grandes amigos los Sres. Sagasta y
Marqués de la Vega
de Armijo le distinguían con su cariñosa predilección.
Tenía el Sr. Merelles cariño inextinguible a
Galicia, su tierra, á la cual prestó grandes y excelentes servicios, muy
estimados por sus paisanos.
Deja
el respetable hombre público á su viuda la señora doña Sofía Martel y cinco
hijos: dos varones, el diputado á Cortes por Ribadavia, D. Adolfo, y D.
Fernando, y tres hembras, doña Magdalena, casada con nuestro compañero el
redactor jefe de El Liberal, D. Enrique Trompeta; doña Antonia, casada con D.
Manuel Muñoz, y doña Sofía, con D. Máximo Fernández de Robles.
A todos ellos enviamos nuestro sincero
pésame”.
Don
Adolfo Merelles Martel, (fillo de Merelles Caula) que como dixemos máis arriba,
tamén foi deputado por Ribadavia, entre o 8 de maio de 1910 e 1914, estaba
casado con dona Carme Eguiluz Álvarez. O matrimonio, acompañado do seu fillo
Adolfo e das súas fillas Carme e Luísa, pasaban os veráns en Beariz. Cando
faleceu Dona Carme o 21 de xuño de 1964, na súa necrolóxica dise que se van
celebrar misas gregorianas pola súa alma en Ribadavia e Beariz. A Merelles
Martel, grazas ó seu paso pola política nacional, débeselle o inicio das obras
da estrada OR. 213, que une San Cristovo con Beariz.
Por qué no se puden ver la mayoría de imágenes de este estupendo trabajo ??? La verdad, es una pena.
ResponderEliminar